SD TEUCRO VEPERSA 24 – GARAYSA XIRIA 25

SD Teucro Vepersa 24 (8+16): Gonzalo, Marcos (2), Rodrigo (3), Jose (2), Carlos (3), Miguel (3), Santiago (4), Alberto (1), Manuel, Andres (2), Amejeiras (4), David, Adrián e Tomás

Garaysa Xiria 25 (13+12): Martín Gómez, Rubén Gómez (6), Javi (2), Martín Alfeirán (3), Álex (2), Rubén Anes (4), Jorge (3) –equipo inicial- Iván (1), Luís (4), Julian, Edu e Miguel. Calvete non se puido desprazar

Colexiado: Iago García, xa comenzou mal chegando 45 minutos tarde ao partido e rematou mal mal permitíndolle moita dureza ao conxunto local.

ncontro moi complicado o que tiña que disputar o Garaysa Xiria fronte á SD Teucro, pois os carballeses se enfrontaban ao líder da clasificación, pero o Xiria deu o do de peito xogando un dos mellores partidos do que vai de competición en todas as súas liñas, na portería, no ataque e na defensa.

O pertido comezou con rendas no marcador a prol dos carballeses, collendo 3 goles de renda nos primeiros 5 minutos, 1-4. As boas defensas do Garaysa propiciaban rápidos contraataques e boas accións no ataque posicional. O Garaysa Xiria mantívose por diante durante toda a primeira metade con rendas de entre 2 e 5 goles. Unha gran defensa, a aportación inmellorable de Martín na portería e no ataque o equipo sabía o que tiña que facer e aproveitaba ao máximo os seus recursos, tanto os xogadores titulares como os que saíron dende o banco chegándose ao intermedio con 4 goles de renda a prol dos de Carballo.

Na segunda metade o equipo de Carballo notou o empuxe do, ata ese momento, líder da clasificación que, pouco a pouco, ía recortando as distancias no marcador. O árbitro permanecía ausente no partido permitindo demasiadas defensas irregulares por parte da SD Teucro e pitando todo o visto e non visto no área do Xiria. Grazas a todo iso os pontevedreses poñíanse por diante no electrónico a falta de 10 minutos para rematar o choque. Foi cando o adestrador carballés pediu un tempo morto e o equipo volveu aumentar a súa intensidade defensiva o que propiciou que novamente o Xiria vovese a comandar o partido. No derradeiro minuto os carballes partían cunha renda de 2 goles que o Teucro reduxo a 1 a falta de 3 segundos, a pesar da chiqullada da mesa parando o tempo cando non debía facelo. En resumo o Garysa logrou unha importante vitoria nun gran partido onde todos os xogadores carballeses teveron minutos e todos aportaron o seu para contribuir a este trunfo. O partido en terminos xerais foi moi bonito de ver xa que competían dous equipos que saben moi ben o que facer co balón de balonmán.

Con esta vitoria o Garaysa Xiria continua na terceira posición a 3 puntos do Teucro que agora é segundo xa que lle cedeu o liderato ao Bm Lalín, igualado a puntos cos de Pontevedra pero con dous encontros menos disputados.

Na vindeira xornada o Garaysa recibe en Carballo ao Bm Pabellón de Ourense.