Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

RGC COVADONGA 28 – CALVO XIRIA 26

XORNADA 16 24/01/2009 RGC COVADONGA 28 – CALVO XIRIA 26 RGC Covadonga 28 (16 + 12): Daniel, Iván (6), Jesús (4), Alejandro (4), Miguel (4), Rio (6), García (1) –…

XORNADA 16

24/01/2009 RGC COVADONGA 28 – CALVO XIRIA 26
RGC Covadonga 28 (16 + 12): Daniel, Iván (6), Jesús (4), Alejandro (4), Miguel (4), Rio (6), García (1) – equipo inicial – Carlos, Pablo (2), Eduardo, Santiago (1), Juan, Ignácio e Javier.

Calvo Xiria 26 (16+10): Quique, Cuco (2), Angel (3), Jesús (1), Pablo (1), David (14) e Bruno (2) -equipo inicial- Iago, Alex, Chimpo (3), Borja, Gonzalo, Ramón e Manuel.

Colexiados: Srs. López e Martín, pasaron desapercibidos.

Parciais: 4-4, 7-9, 10-12, 12-14, 16-16, 19-18, 19-19, 21-21, 22-23, 25-25, 28-26.

Non puido acadar nada positivo o Calvo no desprazamento que o levou a Xixón a disputar o partido ante o RGC Covadonga correspondente á terceira xornada da segunda volta da liga de 1ª Estatal masculina. O resultado final 28 – 26.

Partido moi igualado ao longo dos sesenta minutos e no que ningún dos equipos dispuxo de vantaxes máis aló dos tres goles. Nos primeiros minutos todos os ataques remataban en gol ante a pouca consistencia das dúas defensas que non eran capaces de impedir lanzamentos cómodos e non axudaban en nada aos seus porteiros. O Calvo foi que primeiros obtivo pequenas diferenzas no marcador pero unha superioridade numérica permitiu ao Grupo restablecer a igualdade no marcador cando se chegaba ao tempo de lecer.

A saída dos vestiarios o equipo local estivo máis atinado e parecía que quería mandar no encontro pero o Calvo pouco a pouco retomou o mando no marcador. Chegouse aos derradeiros cinco minutos con empate no electrónico e nos momentos decisivos as imprecisións dos carballeses foron aproveitadas polo seu contrincante para levarse o partidos e dous puntos importantísimos para a loita para salvarse do descenso. Ao final un malísimo porcentaxe no lanzamento de seis metros por parte do Calvo Xiria ao longo da segunda metade, fallou dez dos seus dezaseis lanzamento, impediu que o conxunto carballés seguise a colleita de resultados que iniciou dende a volta das vacacións de Nadal.