EMBUTIDOS LALINENSE – BM LALIN 26 – CALVO XIRIA 32
1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 17 05/02/2011 EMBUTIDOS LALINENSE – BM LALIN 26 – CALVO XIRIA 32 Embutidos Lalinense Bm Lalín: 26 (14+12): Durán [p], Cristian (2), Porto (2), Pincho…
1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 17
05/02/2011 EMBUTIDOS LALINENSE – BM LALIN 26 – CALVO XIRIA 32
Embutidos Lalinense Bm Lalín: 26 (14+12): Durán [p], Cristian (2), Porto (2), Pincho (3), Bruno (1), Marco (1), Josiño (2) -equipo inicial- Pablo [p], Martín (7, 7 de 7 metros), Rubén (3), Roberto, Roberto Álvarez (3), Gustavo (1), Adrián (1).
Calvo Xiria: 32 (15+17): Iago [p], Alex García (1), Dubra (2), Jesús (1), Ramón (2), Christophe (2), David (3) -equipo inicial- Kike[p], Pablo (11, 2 de 7 metros), Manuel (4), Fernando (1), Zas (5), borja (1), Ángel.
Colexiados: Efrén Muñoz e Julio Posada, do colexio madrileño. Excluíron aos locais Porto, Martín (2), Roberto Álvarez e Gustavo, tamén aos xogadores do equipo visitante Borja e Alex García (2)
Marcador: 3 – 2, 6 – 5, 8 – 7, 9 – 9, 12 – 10, 14 – 15 (descanso); 17 – 18, 19 – 19, 20 – 23, 22 – 26, 23 – 28, 26 – 32 (final).
7 metros: Embutidos Lalinense Bm Lalín: 7 / 7 ### Calvo Xiria: 2 / 4
O Calvo Xiria acadou a vitoria na visita que fixo ao Lalín Arena o pasado fin de semana. Ante un nutrido grupo de seareiros desprazados para ver as evolucións do equipo carballés logrou sumar dous novos puntos que situan ao Xiria na terceira posición da clasificación.
Comezou o partido cun Balonmán Lalín disposto a poñer terra de por medio a través da velocidade do seu contraataque, mentres que o equipo visitante non atopaba o equilibrio necesario na súa defensa. So a eficacia de lanzamento no ataque posicional, cando se chegaba a lanzar, permitiu aos carballeses manterse a unha curta distancia no electrónico. A partir do minuto vinte as contras do Embutidos Lalinense foron perdendo eficacia e pouco a pouco o Calvo conseguiu facerse co mando do partido, non só mantendo o ritmo vertixinoso imposto polo Bm. Lalín senón aumentandoo considerablemente, o que lle permitiu chegar ao tempo de lecer cunha mínima ventaxe dun gol que deixaba o partido totalmente aberto para os seguintes trinta minutos, pero cun equipo visitante crecendo na pista ao contrario dos lalineneses.
A segunda metade so concedeu un respiro ao conxunto local. Cando ían dez minutos disputados acadaou un empate no electrónico, que non se correspondía co xogo que se despregaba na pista. Só a falta de acerto no lanzamento de seis metros neses intres permitiuno. Pero pouco a pouco afinaron os lanzadores carballeses para por unha diferenza que non voltou a baixar dos catro goles e que os aupan á terceira plaza da táboa clasificatoria.