Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Emocionante empate do Marmolería José Rey Xiria

Disputábase na mañá do sábado a 4ª xornada da 2ª división infantil masculina e o Marmolería Jose Rey Xiria visitaba a pista do Balonman Culleredo. Empezaba o Marmolería José Rey…

Disputábase na mañá do sábado a 4ª xornada da 2ª división infantil masculina e o Marmolería Jose Rey Xiria visitaba a pista do Balonman Culleredo.
Empezaba o Marmolería José Rey con moitos descoidos nas tarefas defensivas, e os locais eran capaces de atopar lanzamentos con facilidade, pero un bo Pedro Pena na portería, conseguía frear o empuxe local. En ataque, o equipo movíase ben e atopaba os espazos que deixaba a defensa do Culleredo, pero unhas veces o porteiro e outras a falta de precisión nos pases facían que a primeira parte fose moi igualada, 11-10.
Na segunda parte, entraría Daniel Regueiro na portería do Marmolería José Rei e non quixo ser menos que o seu compañeiro de equipo, lendo ben o xogo ofensivo local, avisando os desaxustes defensivos e con boas paradas.
Os dous equipos loitaban cada balón coma se fose o último, ninguén quería perder e así se chegaba a falta de 1 minuto 20-19 e ataque para os carballeses, que conseguían facer chegar un balón en boas condicións para o extremo Alejandro Santos que marcaría o último gol a falta de 14 segundos.

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Tarrio ante 100 seareiros. Colexiado: Pablo Torreiro Barrós do colexio Galego. Sen complicacións.

BALONMAN CULLEREDO 20 ( 11 + 10 ): Oscar López, Adrián Díaz (2), Guillermo Rodríguez (2), Charles Zas (3), Julián González (6), Francisco García, Jorge Fernández, Asier Blanco (3), Pablo Gómez (1), Manuel Gómez, Gabriel Vidal (1), Daniel Del Río (2), Brais Pérez.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 20 ( 10 + 11 ): Pedro Pena [p], Daniel Regueiro [p], Manuel Varela (1), Paulo Collazo (1), Aaron Rodríguez (2), Javier Rodríguez (2), Carlos Varela, Fernando Mallo (4), Alejandro Santos (3), Pablo Esmorís (1), Brian Gómez (5), Diego Rodríguez (1).