Excelente encontro do Garaysa Xiria
Empezaba o partido con moita intesidad por parte dos dous equipos; sabendo da importancia dos puntos en xogo. O Garaysa tiña claro que o partido se disputaba en cada acción…

Empezaba o partido con moita intesidad por parte dos dous equipos; sabendo da importancia dos puntos en xogo. O Garaysa tiña claro que o partido se disputaba en cada acción de xogo e debería manter a concentración durante os 50 minutos disputados.
O gran traballo realizado íase reflectindo aos poucos no marcador, con pequenas diferenzas a favor dos carballeses; pero o desgaste tamén se facía notar e os locais empezaban a rotar xogadores; que de ningún modo permitiron que o ritmo do partido baixase e seguiron coa mesma labor que os seus compañeiros. Chegábase ao descanso 20-15.
Na segunda parte, o S.D. Teucro saía disposto a remontar, pero os locais non llo ían a permitir, e con gran esforzo por parte de todo o equipo, permitíalles que o marcador se fose 35-25 en 15 minutos. Os últimos 10 minutos serviron para pechar un resultado que foi demasiado avultado visto o xogo realizado polos dous conxuntos. O S.D.Teucro demostrou ser un gran rival.
O Garaysa Xiria deberá seguir crecendo e aumentar a dinámica de traballo se quere seguir na parte alta da clasificación.
Na seguinte xornada o Garaysa Xiria visita a pista do Seis do Nadal, en Vigo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Carballo Calero cunha boa entrada, con preto de 200 seareiros. Colexiado: César Carballo Fernández do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusións a Iker Martínez (13´/49´) e Franco Rial (30´) por parte local, namentres polo S.D. Teucro foi sancionado Mario Pérez (10´) e Diego Leal (22´). / 7 metros: Garaysa Xiria 5/5 // S.D.Teucro 2/4.
Marcador cada 5 minutos: 4-3, 8-4, 11-6, 15-10, 20-1, descanso, 25-18, 30-22, 35-25, 41-25, 48-27.
GARAYSA XIRIA 48 ( 20 + 28 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (4), Daniel Mallo (4), Alejandro Gómez (16), Mario Cancela (7), Juan Pereira (4), Diego Antelo, Iago Rincón (4), Adrián Mesejo (2), Iker Martínez (6), Franco Rial (1), Xurxo Díaz.
S.D. TEUCRO 27 ( 15 + 12 ): Juan Piñeiro (8), Daniel Gómez, David Rodríguez, Diego Leal (5), Marlon Barco (5), Uxio Vieitez, Juan Rodríguez (2), Esteban Carballido, Mario Pérez (6), Antonio Rozados, David Chan (1), Lois García


