Encontro igualado do Laber Xiria en Vigo

Aínda coa resaca que nos deixo o marabilloso campionato de España protagonizado polo equipo xuvenil de Laber Xiria o pasado fin de semana, os xogadores carballeses retomaban a competición autonómica de Cópaa Federación ante o Seis Do Nadal en Vigo.

O conxunto de Carballo viaxaba á cidade olívica tan só con dez xogadores, priorizando a recuperación daqueles que veñen carrexando molestias e os que teñen compromisos académicos por encima desta competición copeira. Os demais, de viaxe de fin de curso, tampouco puideron acudir á cita contra o Sedona.

Prevíase que despois do tremendo esforzo que o equipo asumíu na pasada cita nacional, a volta á competición autonómica fose máis tranquila e así ocorreu. O encontro servíu para que todos os xogadores dispuxesen de minutos, máis si cabe, aqueles que o viñan facendo con menos asiduidade e o comportamento de todos eles aínda sen chegar á intensidade exposta no sector, si foi digna do que require un encontro destas características.

Os de casa, moito máis centrados na única competición que quedaba, comezaron mellor o envite e mantivéronse toda a primeira parte por diante, retirándose aos vestiarios no tempo de descanso cunha vantaxe de catro goles (18-14). Tratábase dun encontro cunha baixa intensidade e pouca contundencia nas dúas retagardas e tan só aumentáronse as dúas nos últimos minutos do partido, cando o tempo esgotábase e o marcador axustábase cada vez máis. Coa igualada no marcador, o encontro entraba no seu último minuto, os olívicos lanzaban a portaría a falta de segundos, pero o balón daba no longueiro e saía despedido, con tan mala fortuna que caía á beira dun xogador local, que, libre de oposición, marcaba o gol da vitoria para o seu equipo.

A semana que vén, o Laber Xiria recibirá, no que será o último encontro desta excelente tempada, á Academia Octavio de Vigo.

 Seis Don Nadal: 31 (18+13). Ferreira, Bao (6), Freijeiro (6), Ábalde (4), Leiras (3), Cameselle (4)-Equipo Inicial- Rodríguez, Lorenzo, Muiña, Gayo (2), Ayerdi (2), Cocheiro (2), Carreja (2), Alfaya.

Laber Xiria: 30 (14+16). Daniel Buño, Damián Rodríguez (6), Iván Calvo (3), Gabriel Castiñeiras (6), Borja González (1), Diego Gago (2), Borja Rodríguez (4) -Equipo Inicial-Dani García (2), Lolo (3), José Pereira (3)

Parcial cada 5´: 4-3/8-5/11-8/14-10/17-12/18-14/Descanso/19-16/21-19/23-22/27-24/28-27/31-30/Final.

Árbitros: Inocencio Pérez e Sandra Piñeiro. Excluiron con dous minutos a Ayerdi polos lo cais e a Iván Calvo (2), Gabriel Castiñeiras e Diego Gago polos visitantes.

Incidencias: Encontro da penúltima xornada da Copa Federación en categoría xuvenil disputado no pavillón de Coia en Vigo ante a presenza de numerosos seareiros desprazados dende Carballo.

Juves 1

Juves 2

Juves 3

Juves 4

Juves 5

Clasificación:

Captura juves