Seis do Nadal – 31 (16+15): Domínguez (2), Soutullo (4), Branco (4), Alonso (9), Fernández (2), Doval, Cabanelas (5), Iglesias (4), Dacunha, Salgueiro, Míguez e Seijo (1).
Garaysa Xiria – 11 (5+6): Pedro (4), Alex, Iker, Diego Rodríguez (1), Iago (3), Julio, Manuel, Franco (2), Paulo, Renzo, Xurxo (1), Diego Lema, e Brian.
O Garaysa Xiria xogaba esta fin de semana o último encontro da tempada lonxe de Carballo, nun complicado duelo contra o Seis do Nadal de Coia, actual campión da liga de división de honra infantil.
Logo do bo papel feito no Carballo Handball Festival polo equipo infantil do Xiria, onde amosou un gran nivel de xogo plantando cara a rivais superiores física e tecnicamente, todo facía pensar que nesta competición de copa íase ver á mellor versión dos carballeses. Sen embargo a realidade foi ben diferente e o equipo estivo lonxe de acadar o nivel de intensidade e competitividade que vimos no torneo, e o encontro deste Sábado foi un claro exemplo.
O Garaysa saíu ao campo sen intención algunha de facer fronte a un rival de gran nivel, que non tivo que esforzarse demasiado para superar a un Xiria moi apático, máis en ataque. A capacidade goleadora dos carballeses quedou minguada pola falta de intención de cara a gol da maioría dos compoñentes do equipo, que remataron sumando só 11 goles nos 50 minutos.
O partido decantouse moi rápido do lado dos de Vigo, con parciais moi claros nos primeiros compases, e xa non tivo moita máis historia.
Na derradeira xornada o Garaysa recibe a outro equipo vigués, o Academia Octavio, e tentará despedir a tempada ante a súa afección dando unha boa imaxe que faga esquecer estes últimos encontros. O partido será o Domingo 10 ás 12:00h.
Clasificación trala 4ª xornada:
Fotos do encontro: