Un partido deslucido polas baixas do Grupo Lemaco

O Grupo Lemaco, sufríu a primeira derrota desta Copa Federación no pavillón de Coia (Vigo) ante o subcampión galego. O partido viuse deslucido dende o principio, xa que os carballeses, minguados de efectivos, acudiron ao envite con tan só dez xogadores. A excursión de fin de curso e algunha baixa por enfermidade, foron as causas polas cales os de Xiria non puideron contar co seu persoal ao completo.

Neste contexto, o poderoso conxunto olívico non tivo demasiada resistencia e o 5-1 de parcial nos inicios, sería mostra do que ía acontecer durante os seguintes 55 minutos. Moi frouxos saíron os xogadores verdinegros, amosándose demasiado brandos na retagarda e pouco efectivos no ataque. Os locais, pola contra, moi metidos en faena xa que están a preparar a súa participación no campionato de España, puxeron unha intensidade moi alta no 40×20, de aí a gran diferenza que se podía observar no marcador no meridiano deste tempo (13-3). Ao final do primeiro asalto, o electrónico reflectía un 23-10 que daba o encontro por finiquitado.

Convencidos de que o obxectivo de hoxe, ía moito máis alá dun resultado, os xogadores do Grupo Lemaco saíron cunha marcha máis na continuación e amosando unha cara ben diferente á do primeiros trinta minutos. Desta forma, o parcial conseguido aos quince minutos do segundo tempo, era de 10-11 para os de Carballo, demostrandose a si mesmos que ningún encontro se pode dar por perdido de antemán e que os xogadores de primeiro ano deste conxunto, atesouran un bo balonmán no seu saber facer. Na recta final, os bergantiñáns non puideron aguantar o alto ritmo do seu rival e agora si acusaban a falta de efectivos ante o potente conxunto de Coia.

A semana que vén, o Grupo Lemaco recibirán, no que será o último encontro oficial desta tempada, ao campión galego, a Academia Octavio de Vigo.

Seis Do Nadal: 43 (23+20). Rubén, Leiras (7), Martín (2), Julio (8), Millos (7), Yago (4), Víctor (1)-Equipo Inicial-Samuel (1), Angel (6), David (2), Antón (3), Domínguez, Fernández (2).

Grupo Lemaco Xiria: 24 (10+14). Samuel Castiñeiras, Fran Rey (7), Andrés Vila (5), Andy Rey (2), Ronaldo Durán (3), Antón Traba (5)-Equipo Inicial-Mario Lema, Sergio Pombo (1), Manuel Sánchez, Roi Alfeirán (1)

Parciais cada 5´: 5-2/9-3/13-3/16-5/19-8/23-10-Descanso-27-13/31-16/33-21/37-22/41-23/43-24-Final

Árbitros: Inocencio Parra e Sandra Piñeiro. Excluiron con dous minutos a David polos locais e a Roi Alfeirán e Fran Rey polos visitantes.

Incidencias: Encontro correspondente a penúltima xornada da Copa Federación disputado no pavillón de Coia en Vigo, ante a presenza de multitude de seareiros carballeses que se desprazaron até a cidade olívica.

Cadetes 1

 

Clasificación:

Captura SEDONA CLASIFICACIÓN