Esc. Mpal. Camariñas 23 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 39

16/03/2004 15ª XORNADA

ESC. MPAL.CAMARIÑAS: Alejandro, Sergio (11), David, Sebastián, Fabián (3), José (2), Diango (2), Adrián, Cristian (3), Alberto (2), Juan.

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Iván, Rodrigo (6), Cristophe, Rubén (1), Anxo (6), Aitor (8), Gonzalo (9), Javie r(7), Iago, Alejandro (2).

Non se presentaba nas mellores condicións o Ifecgas Pereira Xiria na vila dos encaixes, sobre todo por non poder contar con Cristophe, de baixa por unha fractura no tabique nasal. A pesar deste contratempo o equipo carballés saíu á pista moi concentrado e motivado, e realizou unha primeira parte primorosa, dando a verdadeira medida das súas posibilidades, cunha defensa que en ocasións rozaba a perfección. Froito desta defensa o conxunto carballés puido despregar o seu contraataque, que unha e outra vez facía estragos no conxunto camariñán. Ademais o ataque posicional funcionou á perfección, cun Gonzalo Pombo que estivo maxistral na dirección do xogo, lendo perfectamente a defensa aberta que plantexou o Camariñas que unha e outra vez se vía superada pola clarividencia ofensiva carballesa. Así chegábase ó descanso, cun resultado que falaba ben ás claras: 7- 21.

O panorama cambiou na segunda metade, sobre todo pola excesiva relaxación coa que saltaron á pista os xogadores carballeses, en gran medida motivada polo avultado do resultado e polo gran desgaste físico que realizaron na primeira metade. Ante a imposibilidade de facer cambios pola falta de efectivos a intensidade baixou moito o que motivou que o Camariñas aguantara o resultado, que ó final foi de 23- 39 a favor dos carballeses que manteñen así a primeira praza na clasificación.

A vindeira xornada disputarase o xoves día 18 e enfrontará ós dous equipos carballeses o Ifecgas Pereira e o Garaysa Xiria.