PROCASA XIRIA 48 – BM PONTEDEUME.ES 11
Procasa Xiria: Carlos, Edu (6), Álex (15), Nogales, Luis Iglesias (4), Ruben Lamas (14), Ruben Anes (3) -equipo inicial- Miguel, Martín Gómez (3), Jorge, Martín Alfeirán, Calvete. BalonmánPontedeume.es: David, Kevin…
Procasa Xiria: Carlos, Edu (6), Álex (15), Nogales, Luis Iglesias (4), Ruben Lamas (14), Ruben Anes (3) -equipo inicial- Miguel, Martín Gómez (3), Jorge, Martín Alfeirán, Calvete.
BalonmánPontedeume.es: David, Kevin (1), Rivas (2), Antón, Antonio, Piayo (2), Hugo (4) -equipoinicial- Varela, Martín, Veiga, José (2), Carlos, Fernando.
Colexiados: Os colexiados David Díaz e Pablo Mendez cometeron erros lóxicos de arbitros noveis, pero ,dada a diferenza entre ambos conxuntos, non tiveron influencia no marcador final.
O Procasa Xiria conqueriu a súa segunda victoria da liga (primeira diante do seu público) nun partido sinxelo, dada a superioridade amosada por parte dos locais.
O equipo de Pontedeume presentouse no pavillón de Carballo cun equipo infantil de gran envergadura, aínda que con pouca experiencia no que se refire a tempo xogando o balonmán, o que propiciou que os locais, moito máis curtidos nesta cuestión, levaran o partido de forma sinxela e cómoda dende o principio.
A defensa individual, facíalle dano aos visitantes, que non eran quen de achegarse á porteria bergantiñá, e a rapidez dos carballeses no contraataque facía o resto, para poñer, xa no descanso, un marcador certamente avultado (24-4) a prol dos rapaces de Fernando Vázquez.
A segunda metade seguiu polos mesmos derroteiros, sen máis inquietude que a de saber de canto serían capaces de gañar os rapaces do Procasa Xiria. Ao final un marcador de 48-11 que deixa ben as claras a superioridade nestes momentos dos infantís de primeiro ano de Xiria.
Estiveron ben os rapaces, presentando en todo momento, á parte da súa calidade e bo xogo, unha intensidade e loita dignas de destacar, máis se cabe nun partido que resultou tan sinxelo.