Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Escolas de Verán

Escolas de Verán Xiria pecha o mes de xullo cunha campaña de recollida de alimentos para a Cruz Vermella

Escolas Balonmán Xiria deu un paso máis no seu compromiso coa sociedade carballesa e aproveitou a festa de clausura do mes de Xullo das súas Escolas de Verán, para levar…

Escolas Balonmán Xiria deu un paso máis no seu compromiso coa sociedade carballesa e aproveitou a festa de clausura do mes de Xullo das súas Escolas de Verán, para levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos.

A campaña para a doazón de produtos non perecedoiros á Cruz Vermella superou todas as expectativas grazas a colaboración dos pais e nais, que nun só día xuntaron 150kg de alimentos: aceite, galletas, pasta e arroz, legumes e moitos outros foron doados para esta causa.

A presidenta local da Cruz Vermella, Matilde Anido, en nome da asociación, amosou o seu agradecemento ante esta iniciativa e ante a boa acollida que tivo entre os pais e nais d@s participantes nas Escolas de Verán Balonmán Xiria. Tamén amosou a súa intención de acudir en persoa, xunto cun equipo de voluntarios, para efectuar a recollida dos alimentos doados nas instalacións do CEIP Fogar, o Luns ás 13:00h.

Máis sobre isto