O balonmán esperta un gran interese en moitos nenos e nenas das Escolas de Verán Xiria
Un gran número de participantes nas Escolas de Verán Balonmán Xiria, que remataban o campamento o pasado día 31, amosaron a súa vontade de seguir practicando este deporte tamén nos…

Un gran número de participantes nas Escolas de Verán Balonmán Xiria, que remataban o campamento o pasado día 31, amosaron a súa vontade de seguir practicando este deporte tamén nos meses de inverno e pasar así, a formar parte do noso club.
A actividade dos Mércores de Balonmán, o Torneo Grupo Calvo e as sesións de balonmán das Escolas de Verán, espertaron entre moitos nenos e nenas, un gran interese por este deporte que cada día gaña máis adeptos na nosa comarca.
Tamén os pais e nais interésanse polas nosas actividades de inverno, buscando unha opción de ocio activo para as tardes dos seus fillos e fillas, preguntan xa polos horarios para poder organizarse durante o período escolar. Son os seguintes:
Nados en 2004 e 2005: Martes, Mércores e Venres de 17:30 a 19:00h
Nados en 2006, 2007 e 2008: Luns, Martes e Xoves de 17:30 a 19:00h
Nados de 2009 a 2011: Martes e Xoves de 17:30 a 19:00h
Escolas de Balonmán Xiria quere agradecer a confianza que ano tras ano depositades no noso traballo.


