Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Excelente partido do Calvo Xiria

Saltou ao parqué do Vila de Noia o Calvo Xiria cunha actitude de traballo, entrega e desexo de vencer que deu un gran resultado. Enfronte un equipo, o Seis de…

Saltou ao parqué do Vila de Noia o Calvo Xiria cunha actitude de traballo, entrega e desexo de vencer que deu un gran resultado. Enfronte un equipo, o Seis de Nadal Coia, que tirou de todo o seu bo facer, pero foi insuficiente ante a defensa carballesa. Continuas axudas e unha loita denodada por cada balón fixeron moi difíciles as situacións de lanzamento dos vigueses, e cando así foi apareceu a figura de Iago baixo paus para evitar que os balóns acabasen en gol.
Dende o asubío inicial foi un partido de preponderancia de defensas e porteiros, tanto foi así que nos cinco minutos iniciais de cada tempo tanto o Xiria coma o Magope non foron quen de subir máis dun gol a cadanseu marcador. Mais o Calvo Xiria foi capaz de aumentar o ritmo de partido até o punto no que mellor se move, con velocidade de circulación de balón e, a pesares dos erros de lanzamento, con moita determinación na finalización. Dende logo, moito tivo que ver o empuxe dende a grada dos seareiros carballeses que vibraron co xogo dos seus.
Agora a máxima preocupación carballesa é ver coma evoluciona o xeonllo de Jorge, que se tivo que retirar no primeiro tempo e non puido retornar ao partido, e o nocello de Brais. Pezas moi importantes para os vindeiros encontros, comezando polo Bm Lalín a vindeira xornada.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante 400 seareiros. Colexiados: Pablo Álvarez Vázquez e Abel Juncal López do colexio galego. Sen complicacións. Castigaron con exclusión a Carlos Lema (43´) e Sergio Facal (59´) por parte local, namentres polo Seis do Nadal foron sancionados Adrián Leiros (24´), Iván López (27´, 47´), Javier Freijeiro (45´) e Pablo García (52´). 7 metros: Calvo Xiria 3//4 Magope Seis do Nadal Coia 2//6.
Marcador cada 5 minutos: 1-1, 3-2, 8-3, 9-4, 11-6, 14-8, descanso, 15-9, 17-11, 18-13, 21-13, 23-15, 26-16.

CALVO XIRIA 26 (14 + 12): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Carlos A. Lema (4), Carlos Vilanova (3), Martín Alfeirán (3), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas, Pablo Iglesias (6), Sergio Facal (3), Julián López (1), Mario García, Uxío Batán, Gonzalo Pombo.
MAGOPE SEIS DO NADAL-COIA 16 (8+8): Juan Tizón [p], Diego García [p], Diego Fernández (1), Germán Iglesias (5), Denis Estévez (2), David Alves, Javier Freijeiro, Adrián Leiros, Marcos Reinta, Iván López (3), Jacobo Rodríguez (1), Pablo García (2), David Costa (1), Andrés Novoa (1).