Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

A Primeira Estatal entra en xogo no Vila de Noia

Primeiro partido coma local para O Calvo Xiria, que a súa pista do Vila de Noia recibe ao Seis do Nadal a partir das 18:00. Encontro moi complicado ante un…

Primeiro partido coma local para O Calvo Xiria, que a súa pista do Vila de Noia recibe ao Seis do Nadal a partir das 18:00. Encontro moi complicado ante un equipo que xa a tempada pasada estivo loitando até o derradeiro intre por gañar un posto para a fase de ascenso, e que derrotou aos carballeses nos dous enfrontamentos. Tentará o Calvo Xiria comezar a devolver a moeda aos vigueses, para o que será imprescindible a máxima concentración co gallo de evitar erros que aproveiten os de Coia para sacar a relucir a súa mellor arma, o contraataque. Por suposto que máxima importancia terá o empuxe dos seareiros, para axudar aos carballeses a sacar o mellor balonmán que atesouran.
Despois da importante vitoria contra o BM.Lalín o fin de semana pasado, o Laber Xiria afronta outro encontro complicado en terras pontevedresas. Desta volta, o conxunto carballés viaxa a Porriño coa ambición de conseguir os dous puntos en xogo para seguir nos postos máis altos da clasificación, pero o reto será moi difícil, Xa que espera o BM.Porriño, un dos mellores conxuntos do campionato. O partido disputarase o vindeiro Sábado as 20:00h e todos os rapaces do equipo de Xiria. Antes, ás 16:00, os cadetes do Grupo Lemaco terán unha nova opción de puntuar para se enganchar aos postos altos da táboa clasificatorias ante un rival que non coñece a vitoria neste inicio de liga.
Visita este sábado ás 12:30 horas o Garaysa Xiria a pista do BM. Chapela para afrontar un envite no que os carballeses trataran de esquecer os puntos perdidos a semana pasada co Lalín. Na progresión dos adestramentos desta semana e na intensidade coa que traballan os rapaces do Garaysa fan entrever a importancia do partido.

Máis sobre isto