Excelente vitoria a domicilio do Garaysa Xiria
Última xornada da primeira volta da división de honra infantil, onde o Garaysa Xiria viaxaba até Pontevedra para enfrontarse ao rochoso S.D Teucro, para conseguir dous puntos de suma importancia…

Última xornada da primeira volta da división de honra infantil, onde o Garaysa Xiria viaxaba até Pontevedra para enfrontarse ao rochoso S.D Teucro, para conseguir dous puntos de suma importancia de cara á clasificación con gran labor defensivo de todo o equipo.
Intercambio de golpes ao comezo do encontro, con bo acerto en ataque dos dous equipos, onde os locais baseaban o seu xogo é a súa fortaleza física a través do un contra un e os visitantes con moita mobilidade e tentando buscar espazos na forte defensa do Teucro. Mediada a primeira metade o Garaysa con bo criterio colectivo chegaba máis fresco e conseguía abrir unha pequena brecha no marcador de 3 goles que se ampliaría até o seis goles, grazas a que os xogadores que entraban desde o banco souberon manter o alto ritmo do partido. Ao descanso chegábase con 12 a 18.
Na continuación, o Teucro aproveitábase das 4 exclusións seguidas que sufrían os carballeses para recortar diferenzas e porse a un só gol ca súa defensa 5:1 sobre o lateral esquerdo Mario Cancela.
O Garaysa soubo manter a calma e xogar ben co tempo do partido, baseando a súa vitoria no labor defensivo e xerando espazos en ataque na zona central onde Diego Antelo con 11 goles perforaba a portaría rival; chegando ao 27 a 31 final.
Na seguinte xornada o Garaysa Xiria viaxa até Vigo, para enfrontarse ao A.D. Carballal, segundo clasificado.
Incidencias: Partido disputado non pavillón Multiusos da Xunqueira cun centenar de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Marcos Pérez Outeda do colexio galego. Castigou con exclusión polo S.D. Teucro a Chan García, namentres polo Garaysa Xiria foron sancionados Diego Antelo, Mario Cancela, Antonio Calvelo e Aaron Rodríguez. //7 metros: SD Teucro 2/2 Garaysa Xiria 1/2
Marcador cada 5 minutos: 4-4, 6-7, 8-11, 10-14, 12-18, descanso, 18-22, 22-25, 23-27, 24-30, 27-31.
Polo Garaysa Xiria xogaron; Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (1), Carlos Varela (1), Mario Cancela (6), Daniel Mallo (6), Fernando Mallo (1), Juan Pereira (1), Diego Antelo (11), Julián García (2), Antonio Calvelo (2), Pablo Esmoris.


