Cara e cruz dos equipos de categoría territorial infantil

Comezaba a xornada na mañá do domingo coas infantís do Punta del Este Xiria ante un Bm Xallas que saía a disputar o partido coa máxima intesidad.
Aguantaron as carballesas até o minuto 10, a partir dese momento o Xallas avezado en defensa aproveitábase das perdas de balón e a mala elección no lanzamento das locais para subir ao contraataque e distanciarse no marcador.
O Punta del Este frustado en ataque vía como se lle escapaba o partido aos poucos e non conseguía competir ante un rival do seu mesmo nivel.
Ao descanso perdían por 5 a 10.
Á volta de vestiarios as xalleiras volvían distanciarse ante a inexistencia do repregamento defensivo das carballesas que non axudaban á súa porteira con lanzamentos cómodos desde o seis metros.
Co partido practicamente pérdido, o Punta del Este tentaba remontar cunha defensa moi presionante e que por momentos lle fuincionó ben; recuperando balóns que logo eran desaproveitados froito dos nervios ante un rival que soubo competir mellor.

Incidencias: Partido disputado non pavillón Carballo Calero cun centenar de seareiros de ambos os conxuntos.

PUNTA DO LESTE XIRIA 14 ( 5 + 9 ): Anna Hernández [p], Paula Bouzas, Marta Gómez, Lucía España, Alba García, María García, Nerea Varela, Valeria Figueroa, Nina Pereira, Elena Collazo, Ana Pombo, Lara Otero, Natalia Cancela.

BM XALLAS (B) 23 ( 10 + 13 ): Leticia Souto, Julia Pereira, Aida Varela, Antia Oreiro, Maitena Lois, Carla Rodríguez, Laura Lois, Miriam Capelo, Noemi Jallas, Zaira González, Sara González

Inmediatamente despois xogaría o Marmolería José Rey Xiria contra o Ribadosar.
Os xogadores carballeses souberon manter a concentración ante a defensa 4:2 presionante do conxunto de Santiago e así facerse cos dous puntos en xogo.
Non foi até o minuto 15 que o Marmolería José Rey conseguía romper o encontro ao seu favor; cun traballo soberbio en defensa, onde todos axudábanse e coordinaban ben. O alto ritmo imposto polos locais faría que o marcador ao descanso fose favorable por 13 a 7.
Na continuación, todo seguiría igual, sendo capaces os locais de competir ao longo de 50 minutos sen baixar a intensidade o que levou o marcador ao 28 a 16 final e pondo as bases para disputar os próximos encontros.

Incidencias: Partido disputado non pavillón Carballo Calero cun centenar de seareiros de ambos os conxuntos.

MARMOLERÍA JOSÉ REI XIRIA 28 ( 13 + 15 ): Alejandro Vázquez, Mateo Pallas, Asel Cambón, Juan Martín Fajardo, Pablo Esmoris, Andrés García, Martín Fontes, Miguel Goimil, Alberto Suárez, Esteban Puñal, Alex Puñal, Anxo Canosa.

RIBADOSAR 16 ( 7 + 9 ): Enrique Vázquez, Roque Coira, Mateo Coira, Adrián Hérmida, Alexander Velev, Andrés Rei, Anxo Pazos, Diego Capella, Jorge Negreira, Jorge Touron, Sergio Ferreiro, Carlos Novas.

Na seguinte xornada, tanto o Punta del Este Xiria como o Marmolería José Rey Xiria viaxan a Arteixo para enfrontarse ao Arteixo Balonman.