Excelente vitoria do Calvo Xiria ante o Bm Ingenio

Vibrou o Vila de Noia na tarde do sábado coa vitoria do Calvo Xiria; aínda que o Bm Ingenio agarrouse ao partido na primeira parte grazas ao contraataque; na segunda metade un Calvo Xiria constante nas tarefas defensivas, colleu vantaxe, e soubo xogar nos momentos de máis presión por parte do rival, para finalmente levar os dous puntos.
Nos primeiros instantes do partido, a eficacia coa que resolveu os dous primeiros ataques o Bm Ingenio, non puxo nervioso ao cadro local, que seguiu co plan establecido e deulle a volta ao marcador obrigando ao adestrador visitante a parar o partido no minuto 7 (5-2). As diferenzas seguiron en aumento ata o minuto 20 (12-6), foron os mellores minutos do partido por parte do Xiria; pero reaccionou Ingenio aumentando a intensidade nas súas accións e saíndo rápido ao contraataque dándolle situacións de vantaxe númerica. O marcador foise igualando a pesar do tempo solicitado por Adrián
Dubra. Foron momentos de tensión antes de chegar ao descanso con 15 a 15 e un xogador menos para o Xiria.

Tras a continuación, o Calvo Xiria logrou axustar o balance, e no posicional o sistema defensivo con Antonio en portería, permitiu adquirir diferenzas de ata 3 goles. Tentábano os das Palmas cunha defensa mixta sobre David García, pero o marcador seguiuse mantendo ata chegar aos últimos 5 minutos, onde os dous equipos tiveron dificultades para anotar.Oo tempo corría en favor dun
Calvo Xiria que metía o último gol, para establecer así o resultado definitivo de 30 a 26.

Calvo Xiria 30 – Balonmano Ingenio 26

Calvo Xiria (15+15): Antonio Mato (p), Rökkvi
Steinunnarson (p), Carlos Guisasola(2), Gabriel Castiñeiras
(2), Fran Rey, Carlos Varela, Chimpo Rodríguez,
Diego Vega (1), Diego Antelo (1), Manuel Méndez (2),
Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (8), Aaron Rodríguez,
Mario Cancela (1), David García (7), Edu Cousillas (6).

Balonmano Ingenio (15+11): Alberto Falcón (p), Roberto Pérez (p),
Francisco David (2), Edgar Jesús (4), Rafael Sánchez (1), Omar Jesús (1), Pablo Hernández (2), Javier Sánchez, Álvaro Carames (4), Jon Ander (1), Samuel González, Bentor Deniz (2), Michael Martin (8), Sergio Castro (1).

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 6-4, 9-5, 12-6, 13-12, 15-15,
(descanso); 18-17, 22-20, 24-22, 26-24, 29-26, 30-26.

Árbitros: Daniel Álvarez e Luis Medio do
colexio asturiano.

Incidencias: Partido correspondente a terceira xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).