O Punta del Este Xiria cae eliminado da Copa en Carballal

As carballesas, despois de conseguir certificar a súa presenza na liga Ouro, buscaban meterse nas semifinais ante as viguesas.

O inicio do encontro estivo marcado por numerosos erros que foron abrindo distancias para as locais. Despois de momentos de desconcerto (7-2, min 13) as de Zarra lograron estabilizarse ata lograr empatar (9-9) antes de irse ao descanso.

O que parecía un cambio na tendencia do encontro non foi tal despois do paso polos vestiarios, onde as viguesas volveron mandar no xogo ata o final (22-16).

A próxima semana o Punta del Este Xiria A comeza a súa participación na liga Ouro visitando a un dos favoritos, o Bm. Porriño.

Faro de Vigo Carballal 22 – Punta del Este Xiria 16

Faro de Vigo Carballal: Sabela Lorenzo, Leila Simón, Nair Conde, Iria López), Carme Martínez, Aitana Caride, Aldara Porrúa, Iria Alonso, Olalla López, Daniela Molares, Marta Seoane.

Punta del Este Xiria: Lucía Andrade, Elena González, Sara Rial, Nerea Figueras, Clara Graña, Andrea López, Carla Martínez, Mencía Rodríguez, Xulia Suárez, Sofía Rey, Lucía Ngnipa, Lorena Ngnipa.

Árbitros: Pedro Eiras e Iago Rivas do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente ós cuartos de final de Copa Galicia Infantil Feminina disputado no pavillón mpal Carballal (Vigo).