Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

EXPL. MINEIRAS MORRAZO CANGAS 28 – CALVO XIRIA 31

22/10/2006 EXPL. MINEIRAS MORRAZO CANGAS 28 – CALVO XIRIA 31 Expl. Mineiras Cangas: Mauro, Rubén Soliño (5) Santiago (1), Cordeiro (1), Serafín (7), Uxío e Eduardo (8) –equipo inicial- Manuel,…

22/10/2006 EXPL. MINEIRAS MORRAZO CANGAS 28 – CALVO XIRIA 31
Expl. Mineiras Cangas: Mauro, Rubén Soliño (5) Santiago (1), Cordeiro (1), Serafín (7), Uxío e Eduardo (8) –equipo inicial- Manuel, Fran, Alberto, Francisco Soliño (2), David (1), Adrián e Eduardo II (3).

Calvo Xiria: Quique, Alberto (10), Pablo (3), Hernán (3), Javi Zas (6), Aitor (1) e Cristophe (4)–equipo inicial- Iván, Pombo (1), Cuco (2), Joaquín (1), Manuel, Viqueira e Queco.

Colexiados: Víctor e Fernández. Ben.

O Calvo Xiria sumou a súa primeira victoria da temporada a domicilio fronte ao Explotacións Mineiras do Morrazo Cangas, na quinta xornada de liga en 2ª Nacional. O resutado ao descando era de 9-18 para os carballeses.

Unha gran primeira parte permitiu ao Calvo Xiria encarrilar o partido que lle enfrentou no Gatañal ao Cangas o pasado domingo. Marcos Rodríguez volveu a optar por unha defensa 5-1 con Pablo de adiantado, ante a baixa de Fernando Vázquez, e soubo explotar o contraataque para adquirir moi pronto unha boa renda no marcador. O parcial inicial do Xiria, índose axiña de catro goles, permitiu aos carballeses xogar con máis tranquilidade e ir ampliando a diferenza a medida que pasaban os minutos. A boa defensa, as intervencións de Quique na portería, as rápidas transicións e o acerto anotador de Alberto Salgado permitiron ao Calvo Xiria chegar ao descanso cunha diferenza de nove goles no marcador. Un primeiro acto que, por certo, se saldou sen ningunha exclusión para os xogadores verdibrancos.

A faciana do Calvo Xiria cambiou na segunda metade e o exceso de relaxación puido xogarlle unha mala pasada. As intervencións de Iván na portería, con dous lanzamentos de sete metros detidos de forma consecutiva, permitiron que o Cangas non recortara distancias nos primeiros minutos. A diferenza no marcador nunca chegou a baixar dos seis goles ata que, mediada a reanudación, o Calvo Xiria comenzou a atascarse no ataque e permitir a reacción do Cangas. O adestrador local colocou a Eduardo no centro de ataque local, logo de perderse na primeira parte no extremo, e os seus oito goles permitiron aos locais achegarse no marcador. Ademáis, o porteiro Manuel comenzaba un recital baixo paos e, coas súas intervencións, conseguía sacar do partido aos lanzadores do Xiria.

Tres exclusións consecutivas do Xiria a falta de catro minutos fixeron saltar as alarmas no seo do conxunto visitante, que viu como o Cangas se colocaba a tan só un gol de diferenza no último minuto. Unha exclusión e unha descalificación no bando local, tras dúas accións infantís, deron osíxeno a un Xiria que, por mediación de Cristophe, disipou calquer tipo de dúbida cun gol que sentenciaba o partido. Ao final, tres goles de diferenza para un Calvo Xiria que rompe o gafe que lle perseguía nos partidos como visitante en liga.

A vindeira semana o Calvo Xiria recibe no Pavillón Municipal da Zona Escolar á SAR de Redondela, segundo clasificado da liga.