11, 12 e 13 MAIO 2012
EQUIPOS: IFECGAS PEREIRA XIRIA, F.C. BARCELONA, A.D.C. CIUDAD REAL, E.M. CARBONERAS.
Colexiados: José L. Sanz (Madrid) e Andrés L. Martín (Canarias) / George Axanciuc (Madrid) e David Soriano (Madrid).
A fase final do campionato de España, que se celebrou o pasado fin de semana en Carboneras, certificou o oitavo posto para o Ifecgás Pereira Xiria no ambito estatal. Unha competición que está ao alcance de moi poucos, e que refrenda a excelente tempada dos carballeses. A Carboneras (Almería), desprazáronse co equipo unha trintena de Xiriaireiros, que gozaron da paisaxe, do clima e dunha fin de semana de excelente balonmán. Os de Xiria, viaxaron tan só con doce xogadores (todos de 1º ano agás un), debido á lesión de David García e a preferencia por parte de Miguel e Iván de quedar en Carballo para preparar os exames finais. Este feito tivo gran repercusión ao remate do torneo, tanto pola calidade dos que faltaban como pola necesidade de rotar aos xogadores nun torneo de tantos partidos en tan poucos días.
IFECGÁS PEREIRA XIRIA – F.C. BARCELONA
Comezaba o encontro e os de primeiro ano non se deixaban amedrentar ante todo un Barcelona, que ao final desta fase proclamaríase campión. Os primeiros compases foron igualados (5-5 ao min. 10) e só a falta de recambios ante a excesiva calor reinante na pista, fixo posible que os cataláns comandaran o electrónico no descanso (12-17). Na reanudación, os bergantiñáns seguían a non perder comba no encontro, pero a superioridade física dos azulgranas mantíñaos a distancia no marcador (21-29 min 56). Nos últimos catro minutos, o Xiria entregaba catro balóns aos cataláns debido á fatiga acumulada e o Barcelona facía un 1-4 de parcial para rematar o partido cun tanteador de 22-33. Excelente imaxe deixada polos xogadores de primeiro ano da entidade carballesa.
IFECGÁS PEREIRA XIRIA – A.D.C. BM. CIUDAD REAL
Neste encontro, o equipo ciudadrealeño demostrou unha superioridade física abafadora ante os de Carballo (algún xogador superaba en 40 kg e 30 cm aos de Xiria). Un equipo feito para gañar, que contaba con dous internacionais españois e outros dous fichaxes montenegrinos, que demostraron dende o primeiro minuto a superioridade fronte aos bergantiñáns. Xa no descanso o marcador era favorable ao Ciudad Real por 8-17 e a diferenza aumentaba ao remate do encontro ata os dezaseis goles de diferenza (17-33).
IFECGÁS PEREIRA XIRIA – E.M. CARBONERAS
Neste último encontro, o Ifecgás Pereira enfrontouse a un equipo inferior, pero o cansazo acumulado e a falta de efectivos, impediu que os de Carballo conseguiran unha vitoria que, a bo seguro, sería un remate excelente da tempada. Os anfitrións, animados polo seu público, saíron a por todas e xa nos primeiros compases lograban abrir distancia no electrónico (1-6). Os de Xiria loitaban con honra e, aínda que conseguían acercarse a tan só dous goles, o Carboneras utilizaba o seu maior número de recambios para refrescar ao equipo e aumentar a vantaxe no electrónico, que no descanso sinalaba un 10-16. Na segunda metade os carballeses intentárono unha e outra vez loitando hasta límites insospeitados, pero sempre había un momento en que as pernas non ían e a fatiga estragaba todos os esforzos feitos con anterioridade. Un parcial de 14-16 non era suficiente neste acto e os de Xiria remataban a tempada con un marcador final de 24-32.
XOGADORES E GOLEADORES DE XIRIA NO CAMPIONATO:
Zúpez: (Porteiro)
Mario Santiago, Martín: 15, Bouzas: 11, Javi: 9, Calvete: 4, Rubén Gómez: 3, Mario García De Seárez: 1, Edu: 9, José: 1, Alex: 4, Anes: 6