Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

ESCOLAS BALONMÁN XIRIA PARTICIPA NUN PROXECTO EUROPEO SOBRE O VALOR SOCIAL E EDUCATIVO DO DEPORTE

ESCOLAS BALONMÁN XIRIA PARTICIPA NUN PROXECTO EUROPEO SOBRE O VALOR SOCIAL E EDUCATIVO DO DEPORTE, XUNTO CON ENTIDADES DE ESLOVAQUIA, GRECIA, ITALIA E FRANCIA A entidade carballesa Escolas de Balonman…

ESCOLAS BALONMÁN XIRIA PARTICIPA NUN PROXECTO EUROPEO SOBRE O VALOR SOCIAL E EDUCATIVO DO DEPORTE, XUNTO CON ENTIDADES DE ESLOVAQUIA, GRECIA, ITALIA E FRANCIA
A entidade carballesa Escolas de Balonman Xiria participa no proxecto europeo ‘Sport practices and social inclusion’ (Práctica deportiva e inclusion social), financiado polo Programa Europeo GRUNDTVIG Learning Partnerships xunto con outras catro entidades FRANCE AMÉRIQUE LATINE de Paris (Francia), CENTRO REXIONAL DE XUVENTUDE de Kosice (Eslovaquia), ASSOCIAZIONE CULTURALE ENZIMISTUDIO de Turín (Italia) e FILOXENIA, Kentro Diapolitismikon Programmaton kai Antallagon de Corinto (Grecia).

Este proxecto pretende amosar os valores educativos do deporte na sociedade, motivando ás persoas a través da práctica deportiva a ser cidadáns activos, poñendo tamén en común boas prácticas do deporte relacionadas coa procura do xogo limpo, a igualdade de oportunidades e de xénero e a interacción entre diferentes xeracións, insistindo sempre na importancia da participación e en evitar o risco para a saúde. O proxecto pretende reunir a técnicos deportivos e educadores sociais, co fin de darlles a oportunidade de poñer en común e compartir as súas diferentes experiencias.

Os obxectivos son involucrar a un elevado número de persoas pertencentes ás organizacións participantes, centrandose na adquisición de novas ferramentas, comparando novos métodos e enfoques coa vontade de innovar e mellorar a calidade do traballo diario nas diferentes áreas, social, educativa e deportiva.

Está composto de 5 fases, baseadas principalmente nunha visión práctica. O principio inspirador do proxecto será «aprender cos exemplos». Cada unha das fases estará caracterizada por un tema específico sendo unha boa oportunidade para comparar métodos e enfoques innovadores en políticas públicas e privadas e tamén sobre a relación entre deporte e educación formal e non formal. A primeira fase comeza hoxe mesmo na cidade eslovaca de Kosice, e centrase nos programas deportivos educativos que se desenvolven nesa cidade.

Máis sobre isto