VIII TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN CONCELLO DE CARBALLO
Esta fin de semana Carballo acolle a disputa do «VIII Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo» que se disputa nas categorías cadete e xuvenil coa presenza de destacados equipos…
Esta fin de semana Carballo acolle a disputa do «VIII Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo» que se disputa nas categorías cadete e xuvenil coa presenza de destacados equipos de España e Portugal nas dúas categorías.
Na categoría xuvenil participan, xunto cos anfitrións do Ifecgás Pereira Xiria, Ademar de León, ABC de Braga e Grupo Astur Bm. Os encontros desta categoría disputaranse no Pavillón Vila de Noia (Zona Escolar) de 10.00 h a 13.00 h para as xornadas de mañá de sábado e domingo e de 16.30 h a 20.00 h na xornda da tarde do sábado. A final xogarase o domingo ás 18.00 h.
Na categoría cadete participan os locais do Vipecón Xiria, Ademar de León, ABC de Braga e ADA de Maia – Ismai. Os encontro desta categoría terán os mesmos horarios que na categoría xuvenil pero disputaranse no Polideportivo Carballo Calero (Bergantiños), agás a final que terá lugar no Vila de Noia o domingo ás 16.30 h.


