GAEVA2000-BUEU AT. 28 – CALVO XIRIA 31

XORNADA 26

10/04/2010 GAEVA2000-BUEU AT. 28 – CALVO XIRIA 31
Gaeva 2000-Bueu At. 28 (15+13): Colinas (p, 9 pdas.); Couso (4), Hugo Rodríguez (1), Curra (8/ 7 de 7m), Aitor Juncal, Pachi (9), Iván Abilleira (4/ 1 de 7m) –equipo inicial- Del Río (p, 7 pdas.), Ogando, Otero (1), Soage, Román, Andrés Bacelar (1) e Juan.

Calvo Xiria 31 (17+14): Kike (p, 3 pdas.); Cuco (1), Pablo (9/ 3 de 7m), Amarelle (2), Manu (2), Chimpo (2), Jesús (4) –equipo inicial- Iago (p, 9 pdas./1 de 7m), Ramón (3), Ángel (2), Dubra (5) e Christophe (1).

Colexiados: José María Valdivieso Muñoz e Pablo Castellanos García (Castela-León). Excluíron a Couso (min. 19), Aitor Juncal (min. 22), Pachi (min 45) e Abilleira (min. 57) polos locais e a Amarelle (min. 6 e 12), Ramón (min.17), Christophe (min. 26), Cuco (min. 29), Manu (min. 29 e 39), Jesús (min. 44) e Dubra (min 59) polos visitantes.

Parciais: 1-3, 4-6, 7-8, 10-10, 12-13, 15-17 (Descanso) 16-20, 18-24, 20-25, 22-28, 26-29, 28-31 (Final).
Primeiro tempo: 0-1 (Pablo), 0-2 (Pablo), 1-2 (Curra/ de 7m), 1-3 (Chimpo), 1-4 (Pablo), 1-5 (Cuco), 2-5 (Curra/ de 7m), 3-5 (Pachi), 4-5 (Curra), 4-6 (Amarelle), 5-6 (Pachi), 5-7 (Amarelle), 5-8 (Manu), 6-8 (Couso), 7-8 (Otero), 8-8 (Abilleira), 8-9 (Pablo), 9-9 (Curra/ de 7m), 9-10 (Pablo/ de 7m), 10-10 (Couso), 10-11 (Jesús), 11-11 (Abilleira), 11-12 (Chimpo), 12-12 (Curra/ de 7m), 12-13 (Dubra), 12-14 (Pablo), 13-14 (Hugo), 14-14 (Curra/ de 7m), 14-15 (Jesús), 14-16 (Jesús), 14-17 (Jesús), 15-17 (Curra/ de 7m).
Segundo tempo: 15-18 (Dubra), 16-18 (Pachi), 16-19 (Pablo/ de 7m), 16-20 (Ángel), 17-20 (Bacelar), 17-21 (Pablo/ de 7m), 17-22 (Ramón), 17-23 (Dubra), 18-23 (Abilleira/ de 7m), 18-24 (Dubra), 18-25 (Dubra), 19-25 (Pachi), 20-25 (Pachi), 20-26 (Christophe), 21-26 (Couso), 21-27 (Ramón), 22-27 (Pachi), 22-28 (Ramón), 23-28 (Curra), 23-29 (Manu), 24-29 (Abilleira), 25-29 (Pachi), 26-29 (Couso), 26-30 (Ángel), 27-30 (Pachi), 28-30 (Pachi), 28-31 (Pablo).
7 metros: Gaeva2000-Bueu At.: 9 / 8 # # # Calvo Xiria: : 4 / 3

No derradeiro partido da temporada en Primeira División Estatal o Calvo Xiria conseguiu derrotar a domicilio ao Gaeva 2000- Bueu At. por 28-31.

Corenta e oito segundos tardou Pablo en facer subir o primeiro gol ao taboleiro de marcas. O partido axiña se lle puxo de cara ao Calvo Xiria que coa súa clásica defensa 6/0 con Cuco e Iván Amarelle no centro conseguía provocar continuas perdas de balón e lanzamentos incómodos da escuadra local. Así tras un roubo de balón provocado por Manu é o propio Pablo o que anota o segundo tanto dos visitantes. No minuto catro, Curra, inaugura desde os sete metros o casilleiro do Bueu, pero Chimpo marca con facilidade no seguinte ataque e grazas a dúas contras consecutivas o Calvo Xiria chega ao minuto seis mandando xa cun claro 1-5. Aproveitando unha superioridade numérica o Bueu At. consegue reducir distancias e achégase ata o 4-5, pero o Xiria non cede é no minuto doce gaña por 5-8. Unha nova exclusión, segunda para o Xiria e segunda para Iván Amarelle, vai provocar un momento de desconcerto que permite aos locais chegar a igualar o encontro. Así no minuto dez e seis o electrónico sinala un empate (8-8). Con sucesivas vantaxes do Xiria e posteriores empates o tempo vai transcorrendo ata o minuto vinteseis no que Curra despois de marcar desde os sete metros establece o empate a 14, que sería a última vez na que os locais conseguen igualar o partido. Cun equipo local xa tremendamente desgastado polo esforzo, os carballeses van montar tres rapidísimas contras perfectamente finalizadas polo extremo Jesús que lle permiten escaparse cun 14-17. A falta de escasos segundos para o descanso Curra marca o seu sétimo lanzamento de sete metros debuxando no marcador o 15-17 co que remata o primeiro acto.

Comeza o segundo tempo cun Calvo Xiria totalmente enchufado. A efectividade de Iago, que sae na portería, e a rapidez de Dubra nas contras van facer que pouco a pouco os carballeses vaian aumentando distancias e en tan so dez minutos deixan o partido practicamente decidido. Superado o primeiro terzo deste acto os xogadores de Marcos Rodríguez gañan por 18-25 establecendo a que sería máxima diferenza do evento. A partir de aquí levantaron o pé do acelerador e dedicáronse a conservar o resultado. Xa cunha defensa visitante que se aplicaba con menor intensidade, os locais que no primeiro tempo só marcaban desde os sete metros, puideron ir reducindo distancias con goles conseguidos, na maioría das ocasións, por mediación do magnífico central Alexandre Dacosta “Pachi”. No minuto cincuenta o Calvo Xiria aínda gañaba de seis (22-28), pero moi ben animado pola súa parroquia, o Bueu At.. que nunca deu o partido por perdido, consegue rebaixar a renda ata os tres goles, e a falta de pouco máis de dous minutos, nada máis que perde por dous (28-30). Os derradeiros instantes estiveron contaxiados de todo tipo de erros e precipitacións nos que soamente o Xiria foi quen de anotar un gol máis que lle valeu para deixar o marcador co definitivo 28-31. Así concluíu un partido, intranscendente para o xa descendido Bueu At., pero non para un Calvo Xiria que con esta vitoria conseguiu conservar a décima praza na clasificación.

Xogarán a fase de ascenso Mecalia Atl. Novás, campión, e El Canario Catering, subcampión. Descenden RGC Covadonga e Gaeva2000-Bueu At..