Na mañán do domingo Garaysa recibía no Vila de Noia ó segundo clasificado. A diferenza en desarrollo dos xogadores era evidente dende o comezo, onde os visitantes non tiveron problema para superar ó Xiria e acadar o (1-5), obrigando a un tempo morto para aumentar a presión mediante a defensa individual. Axiña a presión e os roubos crearon dúbidas nas filas visitantes mentes xeraban transicións que o Xiria aproveitaba para achegarse no electrónico. Tras reducir a distanza a mínima, o Ribeira solicitaba time out para aumentar a densidade defensiva e pechar a cancela en zona centro, aumentando a súa renta antes da chegada ós vestiarios (10-14).
Na segunda metade os carballeses afrontaban a unha defensa ben afincada nos seis metros, sen posibilidade de lanzamento exterior e con escasa efectividade dende extremo cerrado. Pola contra o Ribeira, mellor preparado ante a defensa aberta, traballaba reiteradamente o 2×2 con pivote, que superaba por físico unha e outra vez a súa marca sen posibilidade de resposta. O Garaysa non conseguía responder ás dificultades propostas polo rival, que viu como se afastaba no marcador ata o remate dun partido que non reflexa o bo traballo realizado na primeira metade.
GARAYSA XIRIA B 17 – 33 TOXO TELECOM BALONMAN RIBEIRA


