Garaysa B e Garaysa C sofren dúas derrotas logo de dous grandes partidos nos que loitaron e competiron ata o final.
Bm Bueu 29 – Garaysa Xiria B 25
Garaysa Xiria: Román Pérez, Pablo Seoane (1), Manuel P. Mira (5), Diego Varela, Héctor Castro (9), Manuel P. Fieira (2), Rodrigo Castiñeiras (2), Pablo Martínez (2), Iker Martínez (3) e Antón Cortés (1).
Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada da 2ª fase da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Pablo Herbello (Bueu).
Bm Loriga 24 – Garaysa Xiria C 23
Garaysa Xiria: Héctor Viña, Héctor Antelo (3), Guille Corbo (3), Aaron Cotelo (2), Mateo Cotelo (3), David García, Dilan García (2), Yago Gerpe, Dani Gil (3), Pablo Gonzalez, Roberto Ponte e Mateo Viña (7).
Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada da 2ª fase da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Municipal de Lalín (Lalín).
O Garaysa Xiria B sufría a primeira derrota da tempada logo dunha mala primeira metade onde chegou a estar perdendo por 7 goles (17-10), máis unha boa segunda parte fixo que os de Carballo se conseguisen colocar a tan só 3 goles e tiveran opcións de vitoria.
A vindeira semana, visitará Carballo o Balonmán Tui, outros dos favoritos para ser campión de Liga Prata.
Por outra parte, na mañá do sábado, o Garaysa C viaxaba a Lalín nun partido que estivo igualado ata o final, onde ningún dos dous equipos se foi por máis de 3 goles, e que a mala fortuna final fixo que os de Carballo perderan a última bola a falta de 10 segundos e á contra provocaran un penalti que lle dou a vitoria aos de Deza. A vindeira semana, o Garaysa C descansará e volverá á competición o 1 de marzo.