Suevia vence na casa ante Arousa cunha sólida segunda metade

Suevia vence na casa ante Arousa cunha sólida segunda metade

Saíndo ó 40×20 do Vila de noia co habitual 5:1, as de Carballo dificultaron a búsqueda de ocos ás pontevedresas, recuperando esféricos e conducindo ás atacantes ata situacións doadas para Lucía na portería. Pola contra, a habitual efectividade de lanzamento e o correcto posicionamento da gardameta de Arousa mantiña as táboas no electrónico.

O cambio a 6:0 durante o tempo morto tampouco atallaba o problema e as visitantes fixeron gala dun preciso lanzamento exterior para chegar ata a rede, deixando unha diferenza de dous tantos nos primeiros trinta minutos (12-14).

Na segunda metade, de volta coa defensa profunda e con moitas ganas de aproveitar os contraataques, o Suevia axiña acadaba o empate grazas o incesante acoso das transicións, que continuarían durante toda a segunda metade apoiados polos trocos e pola recuperación de folgos. Se ben o lanzamento exterior de Arousa mantiña o pulso non foi suficiente para sobrepoñerse no marcador, que sumaba máis tantos de transición que de xogo posicional (37-28).

SUEVIA XIRIA 37 – 28 MAS PREVENCION BM. AROUSA