GARAYSA XIRIA 13- AT. GUARDÉS 35

Garaysa Xiria 13 (6+7): Raquel, Juana (4), Marta, María (5), Cristina.C., Iria (2) e Jessica (1), sete inicial, Berta (1), Mariana, Esmeralda e Sheila.

Atl. Guardés 35 (18+17): Rebeca, Estela (10), Viviana (10), Marilia (3), Maite (2), Ana (1) e Antía (5), sete inicial, Mónica (2), Paula (2) e Iris.

Novo decepcionante partido o Garaysa Xiria, fallo de ritmo, de colectividade, intensidade e aptitude, ante un equipo, o Guardes, líder destacado da liga e moi serio en todos os seus compromisos. En todo deporte colectivo, como na vida mesma, hai unha máxima, traballo e aptitude. Cando algún dos dous conceptos non se da, as cousas non saen moi ben, e cando fallan as dúas, o resultado é un desastre total. Edu Orgaz, adestrador do equipo, mostrou o seu descontento co equipo do que dixo que xamais debera andar arrastrándose polos terreos de xogo como o está a facer, aínda que pouco se pode facer xa a estas alturas. Hai que recordar que este equipo venceu o ano pasado ao Guardés na Copa. Eran outras épocas, pero da que pensar.