Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 17 – CISNE GRUPO PIRSA 21

Garaysa Xiria (8+9) 17: Néstor, Óscar (2), Zas (3), Puente (5), Iván (4), Andrés, Ramón (2) -equipo inicial- David, Barreiro (1), Alberto e Diego. Cisne Grupo Pirsa (13+8) 21: Daniel,…

Garaysa Xiria (8+9) 17: Néstor, Óscar (2), Zas (3), Puente (5), Iván (4), Andrés, Ramón (2) -equipo inicial- David, Barreiro (1), Alberto e Diego.

Cisne Grupo Pirsa (13+8) 21: Daniel, Jaime (1), Iván (2), Pablo (4), Francisco (3), Alberto (9), Héctor (2)– equipo inicial- Jorge, Pedro, Martínez, Ricardo, Álvaro, Luis, Henrique.

Árbitros: Srs. Eiras e González, sen influír no marcador fixeron unha mala arbitraxe.

O Garaysa Xiria non foi que de acadar a vitoria ante o Cisne, primeiro clasificado da liga territorial sur. Caeron os carballeses por 17 – 21. No descanso o marcador reflectía un parcial de 8 – 13 a favor dos pontevedreses.

Gran partido o disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra entre o Garaysa Xiria e o Bm Cisne. No mesmo a actuación das defensas e os porteiros, lembrar que os carballeses participan neste torneo sen porteiro e foi de novo Néstor o encargado de defender o marco do Xiria dun xeito que fixo lembrar a ausencia de Naya, foi máis que sobresaínte e que incluso nas transicións rápidas o repregue defensivo impúxose claramente impedindo as finalizacións sinxelas.

O partido rompeuse no momento no que o Garaysa fallou tres lanzamento de sete metros de xeito case consecutivo mentres que o Cisne non perdeu a ocasión de distanciarse con catro contraataques fulminantes. No segundo tempo volveu o Garaysa a ter opcións de meterse no encontro e a piques estivo de logralo pero a actuación do porteiro pontevedrés foi determinante.

Xa sen opcións de se clasificar para a seguinte fase o Garaysa enfróntase na terceira xornada ao Teucro, equipo tamén sen opcións, nun partido no que agardamos que a imaxe deixada polos carballeses sexa similar á dada nestas dúas primeiras xornadas nas que nunca deu nada por perdido e nas que se amosou a un moi bo nivel sobre todo tendo en conta os poucos efectivos cos que puido contar.