Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 22 – BALONMÁN ÁRTABRO 26

Garaysa Xiria 22 (11+11): Daniel Buño, Enrique, Cristian (4), Daniel Garcia (3), Julián (5), Alberto (2), Diego (3) -equipo inicial- Jorge, Manuel (1), Iván (1), Óscar, Raúl (2), Gabriel, Francisco.…

Garaysa Xiria 22 (11+11): Daniel Buño, Enrique, Cristian (4), Daniel Garcia (3), Julián (5), Alberto (2), Diego (3) -equipo inicial- Jorge, Manuel (1), Iván (1), Óscar, Raúl (2), Gabriel, Francisco.

Balonmán Ártabro 26 (14+12): Jorge Longuera, David (5), Rubén (2), Iago (4), Daniel (6), Jesús, Pablo (2), España (5), Adrián, Jorge (2), Ángel.

Colexiados:

Importante partido para ambos conxuntos para salvar a fase de promoción, pero os xogadores da casa non tiveron o seu mellor día.

O Garaysa comezou o partido durmido, o que unido os erros en ataque propiciaban que o Ártabro recuperase bolas que convertían en tantos con facilidade. Julián daba algo de vida no plano ofensivo aos de Carballo pero a primeira liña herculina facía estragos na defensa carballesa. O Xiria, íase aos vestiarios no intermedio con tres goles por debaixo no electrónico, 11-14.

Na segunda metade os dous equipos aumentaron o ritmo e a intensidade pero os de Crabllo seguían a caer nos mesmos erros. Unha exclusión de Cristian propiciabe que o Ártabro abrise un oco no marcador que xa foi insalvable para o Xiria, aínda que conseguiu achegarse nos momentos finais.

A vindeira fin de semana no haberá liga por mor dos compromisos da selección autonómica, sen embargo o garaysa Xiria si competirá posto que xogará un encontro aprazado, pertencente á 1ª xornada, fronte ao Bm Ourense, sábado ás 12.00 h no Pavillón do IES As Lagoas, Ourense.