GARAYSA XIRIA 25 – CAIXANOVA OAR 24
Garaysa Xiria 25 (13+12): Martín Gomez, Edu, Calvete, Jorge (8), Álex (6), Javi (3), Julián (5) -equipo inicial- Luís, Rubén Anes, Iván, Ruben Gomez (3), Martín Alfeiran Caixanova OAR 24…
Garaysa Xiria 25 (13+12): Martín Gomez, Edu, Calvete, Jorge (8), Álex (6), Javi (3), Julián (5) -equipo inicial- Luís, Rubén Anes, Iván, Ruben Gomez (3), Martín Alfeiran
Caixanova OAR 24 (15+9): Daniel, Adrián (2), Daniel (2), Rodrigo(6), Jaime (6), Sergio (8), Francisco, Daniel Vilas, Ángel, Adrián, Carlos
Colexiado: José Ignacio Pereira. Bo partido, pasou desapercibido ao longo de todo o encontro.
O Garaysa Xiria impúxose ao Caixanova OAR, un incomodo rival, na 5ª xornada de liga na División de Honra Infantil por 25-24, o que permite aos carballeses manterse nos primeiros postos a pesar da derrota da pasada xornada na pista do líder Bm Lalín.
O partido tivo dúas facianas totalmente diferentes ao longo do mesmo. Na primeira metade o equipo de Carballo nunca entrou no partido e as defensas foron inexistentes. Así o OAR adquiriu pronto vantaxes, colocandose con seis goles de renda nos primeiros 10 minutos, 2 – 8. De aí ata o final a tónica do encontro foi a mesma chegándose ao descanso cun resultado en contra de 13 – 15. Na segunda metade o equipo carballés comezou a defender un pouco mellor o que provocou que remontase o resultado chegando aos minutos finais con dous goles de renda, 23 – 21. Unha exclusión nos últimos dous minutos deulle opción o OAR para acercarse no marcador e incluso tiveron opción de acadar o empate nun ataque final.
O equipo de Fran del Valle notou en demasía a perda do anterior encontro e ten que volver a defender como o fixo nos primeiros encontros de liga para non pasar os apuros que pasou nesta partido. Con esta victoria o equipo segue na parte alta da clasificación situando no 4º posto con 6 puntos e un partido menos.
A próxima fin de semana o Garyasa Xiria desprazase á localidade pontevedresa do Grove para medirse ao Bm Rasoeiro.