VIPECÓN XIRIA 31 – BM BUDA LALÍN 22
Vipecón Xiria 32 (12+19): Bisbi, David (12), Joaquín, Brais (2), Iago (2), Antón (8), Miguel (3) -equipo inicial- Iván Lorenzo (2), Damián (1), Heitor, Mario, Iván Eiroa, Luís (1), Ricardo.…
Vipecón Xiria 32 (12+19): Bisbi, David (12), Joaquín, Brais (2), Iago (2), Antón (8), Miguel (3) -equipo inicial- Iván Lorenzo (2), Damián (1), Heitor, Mario, Iván Eiroa, Luís (1), Ricardo.
Bm Buda Lalín 22 (11+11): Iago, Martín (2), Adrián (2), José (4), Borja (2), Ramón (3), Losón (6) -equipo inicial- Santiago (1), Pedreira (1), Brais (1), Samuel, Luís, Alejandro .
Colexiados: Cesar Carballo e Pablo Goitia. Non influiron no resultado final nun encontro sinxelo.
Visitaba a pista carballesa da Zona Escolar un clásico e referente nas categorías de base do balonmán galego como é o Bm Lalín para medirse ao Vipecón Xiria na 5ª xornada da División de Honra Cadete.
O equipo carballés non xogou o seu mellor encontro, pero nunca temeu polo resultado final, incluso xa na primeira metade, cando as diferencias ao descanso eran mínimas (12-11). Así, foron os locais os que levaron a dianteira dende un principio no marcador, superiores en todas as fases do xogo, aínda que con menos intensidade da habitual. En definitiva, un partido, que a pesar das mínimas diferenzas nalgunhas fases da primeira parte, mostraba a superioridade dos de Carballo e deixaba a sensación de que cando estes apretaran o acelerador podíanse marchar no electrónico cunha diferenza máis ampla. E así foi, e a nada que os locais puxeron un pouquiño máis de intensidade e atención nas suas accións aumentaron a diferenza nun parcial de 19-11 na segunda parte que deixaba o marcador final no definitivo e xa conocido 31-22.
O vindeiro compromiso dos rapaces de Fernando Vázquez será na pista do Octavio, un dos equipos máis fortes da competición e favorito para acadar o campionato..