Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

RASOEIRO BM 28 – GARAYSA XIRIA 36

Rasoeiro Bm 28 (14+14): Fernando, Adrian (2), José (2), Carlos(6), Enrique (6), Manuel (8), Francisco -equipo inicial- Miguel (2), Antonio (2), Adrián, Manuel Garysa Xiria 36 (17+19): Martín Gomez, Edu,…

Rasoeiro Bm 28 (14+14): Fernando, Adrian (2), José (2), Carlos(6), Enrique (6), Manuel (8), Francisco -equipo inicial- Miguel (2), Antonio (2), Adrián, Manuel

Garysa Xiria 36 (17+19): Martín Gomez, Edu, Calvete (3), Jorge (6), Álex (5), Javi, Julián (4)-equipo inicial- Luís Iglesias (1), Rubén Anes (3), Iván, Rubén Gómez (11), Martín Alfeirán (5).

Colexiado: Antonio e Fernando. Bo partido pasaron desapercibidos ao longo de todo o encontro.

O Garysa Xiria impúxose ao Rasoeiro por 28-36 na sexta xornada da División de Honra Infantil e continúa así nos postos altos da clasificación.

O conxunto carballés saiu á pista do Grove cun bo tono defensivo, facendo unha defensa máis agresiva da que viña facendo en anteriores partidos. Os de Carballo foron collendo vantaxe aos pouquiños e mediada a primeira metade xa gañaban por 6-11. A partir de aí unha pequena relaxación fixo que os mecos se achégasen e privou aos de Fran del valle de chegar cunha maior renda ao descanso, 14-17. neste primeiro acto o equipo carballés estivo ben en ataque e por momentos en defensa.

No reinicio o equipo mellorou en defensa o que propiciou accións claras de contrataque e así aos 10 minutos os carballeses xa aumentaran a renda ata os 10 goles. Boas defensa e rápidos contagolpes propiciaban que o Garaysa se fora no marcador. Ao remate 8 goles de vantaxe para o Xiria que puideron ser máis se o equipo non caerá na relaxación nos derradeiros cinco minutos do encontro. destacar as prestacións ofensivas de Rubén Gómez que con 11 goles foi o máximo anotador do choque.

A vindeira fin de semana o Garaysa Xiria, que tras esta vitoria se situa na terceira posición, visita ao Bm Porriño, pechacancelas da clasificación.