GARAYSA XIRIA 26 – ITAIPU SAR 8
Garaysa Xiria (13+13) 26: Raquel, Jessica (2), Mariana (3), Berta (2), Maria (5), Cristina Calvete (2) e Cristina Gende -sete inicial- Juana (4), Sheila (2), Iria (4), Marta (2) e…
Garaysa Xiria (13+13) 26: Raquel, Jessica (2), Mariana (3), Berta (2), Maria (5), Cristina Calvete (2) e Cristina Gende -sete inicial- Juana (4), Sheila (2), Iria (4), Marta (2) e Esmeralda.
Itapu SAR (4+4) 8: Tamara, Zaira (1), Verónica (2), Rosa (1), Cristina (3), Elena e Lidia (1) -sete inicial- Marta, Sara, Nair, Cristina.C., Almudena e Jenifer.
Partido sinxelo para o Garaysa Xiria que marcou, xa desde o principio, unha diferenza tremenda no marcador. As locais pasaron por enriba da SAR, que non foi máis ca unha caricatura de equipo. É o primeiro partido no que o Garaysa defendeu cun 3-2-1 e no que máis minutos acumularon as xigadoras cadetes.
Mención especial merece a arbitraxe, xa que foi lamentable. Como lamentable é que Sheila teña que estar catro semanas de baixa por lesión, logo dunha agresión, trala que o árbitro pitou penalti pero non amonestou á xogadora rival. Vergonzoso é tamén que existan no balonmán galego técnicos que non saben formar xogadoras e que nen sequera se toman a molestia de formarse mínimamente, xa que o que as xogadoras da SAR defendan como o fan (agarrando o brazo armado das oponentes) é culpa, exclusivamente, do seu técnico. O domingo só saíu mancada unha xogadora, pero puideron ser máis, e o árbitro deixouse levar polo resultado sen darse conta de que a arbitraxe é tamén parte activa na formación continua das xogadoras.