Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 27 – BM CANGAS 22

Garaysa Xiria 27 (16+11): Martin Gómez, Edu (4), Martin Alfeirán (4), Rubén Anes (1), Calvete (2), Javi (2), Álex (2) -equipo inicial- Julian (3), Luís, Miguel, Iván (1), Jorge (4),…

Garaysa Xiria 27 (16+11): Martin Gómez, Edu (4), Martin Alfeirán (4), Rubén Anes (1), Calvete (2), Javi (2), Álex (2) -equipo inicial- Julian (3), Luís, Miguel, Iván (1), Jorge (4), Rubén Gómez (4).

Bm Cangas (10+12): Alberto, Abel (4), Darío (2), José (3), Rubén (8), Gonzalo (1), Pablo (2) -equipo inicial- Xairo (2), Xavier, Manuel, César, Camiña.

Colexiados: Julio López, ben.

Nova vitoria do garaysa Xiria que se impoñías ao Bm Cangas por 27-22 na 10ª xornada da División de Honta Infantil.

O encontro tivo dúas partes ben diferenciadas. Unha primeira metade na que os de Carballo puxeron de manifesto a súa clara superioridade reflectindo e unha segunda metade na que tiraron pola borda todo o traballo que viñeran realizando na primeira parte. No descanso o Garaysa mándaba por un claro 16-10 con un equipo que estaba ben plantado en defensa e coas cousas moi claras no ataque. Paro na segunda metade todo cambiou sen vir a conto, deixouse por completo de defender e o equipo visitante comezou a achegarse no marcador o que fixo aflorar o nerviosismo nos carballeses. A diferenza era suficiente para non poñer en perigo a vitoria pero a imaxe dada polo equipo carballés era a peor de toda a temporada. Ao final vitoria para o Xiria por 5 goles de vantaxe pero que debe supor un toque de atención que indica que se debe traballar ao longo de todo o encontro.

Nos vindeiros días o Garaysa terá unha xornada dobre. O sábado desprazaranse a Oleiros para medirse ao Bm Ártabro, terceiro clasificado cos mesmos puntos que os carballeses que son quintos, aínda que estes últimos cun encontro menos, e o luns recibirá na Zona Escolar de Carballo ao Viña Costeira en encontro pertencente á 1ª xornada e que fora aprazado no seu día.