Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 27 – BM LALIN 33

Garaysa Xiria (14+13) 27: Néstor, Óscar (3), Zas (5), Puente (5), Iván (5), Andrés (1), Ramón (7) -equipo inicial- David, Barreiro, Alberto (1) e Diego. Bm Lalín (14+19) 33: Borja,…

Garaysa Xiria (14+13) 27: Néstor, Óscar (3), Zas (5), Puente (5), Iván (5), Andrés (1), Ramón (7) -equipo inicial- David, Barreiro, Alberto (1) e Diego.

Bm Lalín (14+19) 33: Borja, Nicolás (2), Lorenzo (6), Pablo (4), Iván (2), Adrián (1), Marco (14) – equipo inicial- Alberto, Uxío, Eusebio, Fernández, Óscar, Couto (4).

Árbitros: Srs. León e Comesaña, repartiron acertos e erros entre os dous equipos sen influír no marcador final.

Primeiro partido do Garaysa Xiria no Campionato Galego Xuvenil Masculino que se disputou en Pontevedra e no que caeu ante o Bm. Lalín por 27 – 33. No descanso o resultado era de empate a 14 goles.

A igualdade foi a tónica predominante durante cincuenta e cinco minutos nun partido típico de inicio de campionato e no que ningún dos equipos conseguía impor o seu ritmo e no que o erros se repartían a partes iguais, incluídos os colexiados. As situacións de superioridade numérica, oito por parte do Lalín e dez por parte do Garaysa, eran aproveitadas polos dous para acadar pequenas diferenzas que eran recuperadas polo outro conxunto en canto a situación de superioridade cambiaba de lado.

A actuación de Néstor na portería do Xiria, un xogador que normalmente se desenvolve na posición de central, foi máis que meritoria.

O partido rompeuse no minuto 53 coa terceira exclusión de Iván por parte dos carballeses. A inferioridade conseguinte foi aproveitada por parte do Lalín que fixo unha defensa presionante que propiciou a perda de tres balóns consecutivos por parte do Garaysa e que supuxo o final do encontro xa que a partir deste intre a precipitación para tentar recortar a diferenza foi o peor aliado do Xiria que seguiu perdendo balóns que se transformaban en fáciles goles para o rival.

Na segunda xornada o Garaysa enfróntase ao Cisne, logo de deixar unha boa imaxe no primeiro encontro a pesar dos problemas derivados da falta de porteiros e xogadores de campo.