GARAYSA XIRIA 28 – BM LALÍN 32

Garaysa Xiria 28 (15+13): Martín Gomez, Iván, Jorge (4), Martín Alfeirán (2), Álex (3), Rubén Anes (9), Ruben Gómez (6) –equipo inicial-, Miguel, Javi (3), Calvete (1). Non puideron xogar por diversos motivos Edu, Luís e Julián.

Bm Lalín 32 (16+16): Xoan, Duarte, Santiago, Daniel, Román, Jorge, José, Miguel, Manuel, Adrian, Enrique, David, Fabián, Yerai.

Colexiados: José Ignacio Pereira, estivo ben nun partido sen problemas

Partido pertencente á 17ª xornada da División de Honra Cadete que quedara aprazado no seu día e que enfrontaba ao líder e xa campión, Bm Lalín, co 3ª clasificado, garaysa Xiria, que aínda tiña unha remota opción para acadar a 2ª posición. Cousa que non sucedou posto que os de Carballo ademais da vitoria precisaban que o Teucro só conseguise 1 punto nos dous partidos que lle restaban.

A tarefa non era fácil para os rapaces de Fran del valle posto que o Lalín chegaba a este partido sen coñecer a derrota en todo o campionato.

O choque comezou ben para o Garaysa grazas a unhas boas defensas que provocaban que no minuto 5 o equipo de Carballo conseguise unha renda de 3 goles, 4-1. A partir deses intres o Bm Lalín aplicouse na defensa e mellorou a súa efectividade no ataque o que fixo que o resto da primeira metade se desenvolvese con rendas de 1 gol para ambos equipos chegándose ao intermedio con un gol de vantaxe a prol dos visitantes, 15-16.

Durante a segunda metade as diferenzas foron mínimas a prol dos dous equipos ata os derradeiros 5 minutos cando varios erros consecutivos dos carballeses permitiu que os do Deza se fosen ata eses 4 goles de diferenza final. Notouse nestes derradeiros minutos que o equipo lle faltaba osixeno xa que contaba con 3 baixas o que provocou que a dinámica de rotacións non fose a habitual.Destacar a aportación ofensiva de Rubén Anes grazas ao bo xogo colectivo en ataque.

De todas formas o equipo carballés púxolle cara a vitoria ao mellor equipo da liga e cualquera dos dous equipos puideron gañar o partido, demostrando así que estaba ao nivel dos mellores equipos da comunidade.