GARAYSA XIRIA 42 – ALMUDENA SEGUROS LAVADORES 27

Garaysa Xiria 42 (21+21): Martín Gómez, Javi (4), Jorge (3), Martín Alfeiran (5), Álex (6), Rubén Anes (1), Rubén Gómez (11) -equipo inicial- Miguel, Iván (3), Calvete (9). Non puideron xogar por diversos motivos Edu, Luís e Julián.

Almudena Seguros Lavadores 27 (15+12): Mario (portero), Victor (2), Alejandro (2), Pablo ( ), Brais (1), Ruben () Ivan (1), Carlos ( ), Lucas (5), Borja (7), Oscar (3), Raul, Adrian (5).

Colexiados: Julio López, estivo ben nun partido sen problemas

Derradeiro partido da temporada na División de Honra Infantil que enfrontaba ao 3º clasificado, Garaysa Xiria, co 4º, Lavadores. Partido no que non había nada en xogo máis que a honriña da vitoria posto que ambos equipos xa tiñan aseguradas as posicións que ocupaban.

Partido que se prevía complicado para o garaysa posto que enfronte estaba un forte rival a quen os de carballo xa gañaran a domicilio nun axustado choque. Ademais o equipo carballés viña de plantarlle cara tan só 24 horas antes ao campión Bm Lalín e o cansazo podía ser un factor decisivo para o devir deste partido.

Pero o encontro foi totalmente diferente ao previsto. O equipo de Carballo, continuando coa boa liña que estaban a levar neste final de campaña, demostrou que era un equipo claramente superior e comezou pronto a marcar amplas diferenzas no marcador. O ataque era fácil e fluído e aínda que a defensa non era todo o boa que debería ao remate da primeira metade os carballeses xa gañaban por un claro 21-15.

A segunda parte foi un calco da primeira e onde o Garaysa demostrou ser un bo equipo fronte ao cal os de Vigo non puideron facer nada.

Destacou o xogador carballés Calvete, quen con 9 goles, fixo añicos a defensa rival dende o pivote.

Remata así a temporada cunha meritoria 3ª posición para o Garaysa Xiria.