GARAYSA XIRIA 28 – BM PABELLÓN 17

Garaysa Xiria 28 (12+16): Martín Gomez, Rubén Anes (4), Julián (4), Luís (4), Martín Alfeirán (3), Álex (4), Edu –equipo inicial- Miguel, Javi (2), Jorge (7). Non entraron na convocatoria Calvete, Rubén Gómez e Iván

Bm Pabellón 17 (9+8): Alejandro, Alessandro, David, Manuel (2), Alejandro (3), Rubén, Antón (4), Pedro (2), Rogelio (2), Guillermo (2), Daniel (2), Pedro, Alvaro
Colexiado: Daniel Portela, boa arbitraxe, pasou desapercibido.
Partido correspondente á 22ª xornada da liga na División de Honra Infantil que enfrontaba ao terceiro, Garaysa, co penúltimo clasificado, Bm Pabellón. O Xiria chegaba a este encontro cos ánimos renovados logo da vitoria da pasada xornda na pista do Teucro, segundo clasificado.
O partido comezou con pequenas diferenzas a prol dos locais, pero nunca con claras vantaxes posto que o equipo carballés non defendía coa intensidade necesaria, erraba moitas situacións de lanzamento e cometía moitas perdas de balón. Ao remate da primeira metade o marcador reflectía un 12-9 favorable ao Xiria, o que deixaba claro o mal partido que estban facendo os de Carballo ante un rival inferior.
No comezo da segunda metade a dinamica do partido continuou a ser a mesma, mala execución no lanzamento, perdas de balón en ataque e unha defensa moi feble. Pero nos derradeiros dez minutos de encontro os rapaces do Garaysa puxéronse as pilas e melloraron as súas prestacións conseguindo elevar a diferenza ao seu prol ata os 11 goles.
Con este trunfo o Xiria continua na terceira posición agardando un pinchazo do Teucro para tentar darlle caza.
Na vindeira xornada o Garaysa desprazarase ata Cangas para medirse co balonmán Cangas.