Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 32 – BALONMÁN LUGO 37

Ifecgás Pereira Xiria (15+17) 32: Guillín, Ramón (2), Sergio (10), Barreiro (2), Ruben, Fernando (4), Manuel (9), Hugo, Eloy (2), Miguel, Alfredo (3), Aitor, Diego. Balonmán Lugo (18+19) 37: Juan,…

Ifecgás Pereira Xiria (15+17) 32: Guillín, Ramón (2), Sergio (10), Barreiro (2), Ruben, Fernando (4), Manuel (9), Hugo, Eloy (2), Miguel, Alfredo (3), Aitor, Diego.

Balonmán Lugo (18+19) 37: Juan, Omar, Francisco (13), Miguel (7), Antonio, Javier, Manuel (1), José Manuel (4), José Antonio, Justo (3), Rodolfo (7), Javier (2).
Árbitros: Julio López e Manuel Docampo. Regular. Discutidos.

O Ifecgás Pereira Xiria colleitou a súa segunda derrota consecutiva, primeira na casa, fronte ao Balonmán Lugo,en encontro pertencente á 5ª xornada da 2ª División Autonómica, nun partido cheo de imprecisións.

O equipo de Carballo perde a inbatibilidade na casa logo de perdela a pasada fin de semana lonxe do municipal carballés. O partido que os enfrontou esta semana oa conxunto adestrado por José Sánchez estivo marcado pola igualdade nos primeiros minutos do encontro, onde as defensas impuxéronse aos ataques. Logo chegaron uns minutos de dominio do Balonmán Lugo que lle fixo acadar unha vantaxe de catro goles, vantaxe que os lucenses manterían ata o descanso (15-18).

Na segunda metade o Ifecgás Pereira saíu a por unha ansiada remontada, que a piques estivo de conseguir cando nos últimos dez minutos o marcador rexistraba un 30-31 a prol do equipo visitante. Pero as imprecisións que durante todo o partido acompañaron ao equipo local fixeron que esta remontada non se conseguira e que o Lugo pouco a pouco se fora marchando ata conseguir cinco goles de vantaxe. Goles que lle deron o triunfo final por 32-35.

O Ifecgás Pereira despois dun ilusionante comezo de tempada con tres victorias noutros tantos partidos despertou este fin de semana con dúas derrotas xa no seu caixón. Racha negativa que se intentará revertir como visitante fronte a un duro rival como será o Bm Pontedeume a vindeira fin de semana.