Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 28 – SD TEUCRO SUP. MOLDES 30

Ifecgás Pereira Xiria 28 (12+16): Naya, Iago (8), Martín, Brais (5), Zas (7), Barreiro (3), Antón (4) -equipo inicial- Bisbi, David Álvarez, Jorge Docampo (1), Adrián, Cristian. SD Teucro Supermercados…

Ifecgás Pereira Xiria 28 (12+16): Naya, Iago (8), Martín, Brais (5), Zas (7), Barreiro (3), Antón (4) -equipo inicial- Bisbi, David Álvarez, Jorge Docampo (1), Adrián, Cristian.

SD Teucro Supermercados Moldes 30 (13+17): Iago, Pedro (4), Álex (4), Manuel (2), Iago (1), Santos (6), Alberto (6) -equipo inicial- Axel (3), Isaac, Carlos (4), David, Yoel, Alvaro.

Colexiados: Pablo Álvarez e Manuel Docampo.

O Ifecgás Pereira Xiria deixou pasar unha oportunidade única de batir a un Teucro, que acudía mermado de efectivos, nun partido frouxo e con pouca intensidade por parte dos locais. Os de Carballo iniciaron o encontro faltos de ritmo tanto en defensa como no ataque posicional, onde o 6:0 pontevedrés facia moito dano aos xogadores carballeses, que se amosaban demasiado estáticos. O partido era aburrido, ningún dos dous equipos exhibía un balonmán vistoso e rápido e a igualdade era a tónica xeral, de aí o 12-13 do descanso que deixaba o partido aberto.

No reinicio o Ifecgás Pereira Xiria seguíu coa mesma tónica, despistes defensivos, perdas de balón en ataque, erros non forzados e imprecisións de todo tipo, aspectos que facilitaban moito as cousas aos visitantes que mantiñán, aínda que con curtas vantaxes, a dianteira no marcador. O partido, que remataba cun 28-30 a prol do Teucro, deixaba moitas dúbidas en canto ao xogo do Ifecgás Pereira, sobre todo no que se refire á capacidade de concentración e á competitividade dos carballeses. A mellor noticia desta semana, a vitoria da SAR en Ourense, que deixa ao equipo bergantiñán un ano máis na máxima categoría xuvenil de forma matemática a falta de 4 xornadas para o remate da liga.

O próximo compromiso do Ifecgás Pereira Xiria será en Redondela fronte á SAR. O obxectivo dos de Carballo a partir de agora, conseguir os máximos puntos posibles, amosar un mellor xogo e actitude e non perder a sétima posición na que actualmente se encontran.