Garaysa Xiria: 31 (12+19): Manuel, Arnejo, Carlos (2), Gabriel (5), Eiroa, Borja F., Pablo (3), Souto, Iván (8), Alex (1), Borja R. (2), Pereira (3), Xurxo, Juanca (7), Antonio.
Las Cinco Jotas Lavadores: 32 (17+15): Agustín, Reboreda (5), Rincón, Martínez (4), Seara, Lede (6), Lorenzo (8), Diéguez, González (4), Barredo (3), Domínguez, Lloira (2), Pozuelo.
O Garaysa Xiria perdeu pola mínima o encontro que servía de despedida da tempada, no que recibía a un forte Lavadores que xa lle dera moitos problemas no encontro da primeira volta disputado en Vigo e co que rematara perdendo. Nesta ocasión tampouco puido ser e o equipo do barrio olívico levou de novo os puntos en xogo, que resultaban importantes para os intereses do Xiria cara a manter a 6ª praza que lograra a pasada semana tras o empate entre o Ártabro e o Octavio. Tras esta derrota o equipo infantil do Xiria cae dende a sexta ata a oitava posición final, unha oitava posición que sabe a pouco tras chegar a ela na derradeira xornada, logo de ocupara durante a maior parte da competición as posicións quinta e sexta.
O encontro prevíase intenso e dende os primeiros minutos non defraudou. O Lavadores tomaba vantaxe porque tiña máis puntería que os locais nos lanzamentos, pero as cousas pronto comezaron a mellorar para o Garaysa, maior continuidade e máis paciencia para atopar mellores situacións de tiro serían as claves da mellora.
En tarefas defensivas os xogadores locais tampouco tiveron a contundencia á que nos teñen afeitos, os apoios producíanse sen buscar o brazo do adversario nos contactos e polo tanto permitindo unha cómoda continuidade ao ataque rival que incluso chegou a anotar algún gol lanzando dende parado e con dous defensores en contacto.
Chegouse ao descanso con 5 goles por debaixo, pero o Xiria saíu coma un ciclón dende o inicio da segunda metade, moi convencido de poder darlle a volta ao partido, e non tardou máis que 4 minutos en facelo, igualando o encontro. E así irían transcorrendo os minutos ata chegar ao último, no que o Lavadores tiña balón e o marcador seguía en igualada, o Xiria arriscou buscando a vitoria e non lle saíu ben. Gol en contra e demasiada precipitación na última posesión condenaron ao Garaysa a rematar a tempada dun xeito triste. Pero pese a todo hai moito traballo feito que levou ao equipo a mellorar en moitas facetas do xogo.
Parabéns pola gran evolución amosada e agardamos que a tempada que ven haxa un pouco máis de sorte con algúns resultados.
