GARAYSA XIRIA: 31 – OCTAVIO “A” PIZZA MOVIL: 38

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINO

Garaysa Xiria 31 (10+21): Samuel, Fran (2), Antón (11), Vila (6), Miguel, Ronny (3), Andy (3), Roi (4), Brais, Urbieta (1), Cristopher, Pablo (1) e Pombo.

Octavio “A” Pizza Móvil 38 (17+21): Fernández, López (2), Pérez, Listas (10), Núñez (17), Alonso (1), Gándara, Lago, Gómez (3), Valmaseda (1), Dollo e Pardellas (4).

O Garaysa Xiria recibía ao Octavio de Vigo, nun partido con dous puntos importantes en xogo contra un rival directo na loita polo segundo posto na táboa.

O encontro comezou con moitos erros por parte dos dous equipos, que tardaron en asentarse no terreo de xogo. A defensa do Octavio, cunha 5-1 moi pechada, impedía aos carballeses atopar boas situacións de lanzamento, e só Antón con accións individuais mantiña a capacidade goleadora do equipo. A inseguridade en ataque ía a máis canto maior era a marxe a prol do Octavio, chegando a anotar soamente 10 goles no primeiro tempo.

Nos aspectos defensivos o Xiria tampouco estivo nada atinado e a falta de intensidade nos contactos permitía aos vigueses superar a 3-2-1 local con demasiada
facilidade. Cun xogo moi errático en ataque e sen a contundencia defensiva necesaria para frear aos rápidos atacantes do Octavio, o encontro chegaba ao descanso con vantaxe de 7 goles para os visitantes, 10-17. Na segunda metade o equipo comezou igual, moi temeroso en ataque e amosándose febles en defensa. Os pequenos espazos que permitían os defensores do Octavio non eran ben aproveitados polos atacantes locais, máis centrados en non perder o balón que en marcar goles. Tampouco en defensa se conseguiu frear aos atacantes vigueses, sobre todo ao seu lateral dereito que rematou o encontro con 17 goles.
Só nos últimos 10 minutos do encontro, cando xa estaba o partido perdido con vantaxes de 9 e 10 goles a prol dos vigueses, puidemos ver a mellor imaxe do
Garaysa, con ataques rápidos que remataban sempre en lanzamentos claros e unha alta intensidade defensiva que permitiu roubar varios balóns e reducir esa desvantaxe. Sen embargo xa non había tempo para máis e o encontro remataba con vitoria do Octavio 31-38.

Mal partido do Garaysa que saíu a xogar temeroso e con medo a perder, algo que aproveitou o Octavio para golear coma visitante e afianzarse así no segundo posto da táboa.