GARAYSA XIRIA: 32 – SAR DACUÑA Y PÉREZ “A” 21

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINO

Garaysa Xiria (14+18): Samuel, Antón (3), Vila (10), Roi (4), Ronaldo (1), Urbieta (1), Andy (2), Brais (3), Pablo (6), Miguel (2) e Cristopher.

Sar Dacuña y Pérez “A” (11+10): Claudio (7), Hugo, David, Álvaro (6), Pablo (3), Óscar (1), Gabriel, Jose, Pablo (2), Manuel (2) e David N (1).

O Garaysa Xiria retomou a senda da vitoria ao impoñerse ao Sar de Redondela nun encontro no que o equipo foi de menos a máis. Na primeira metade os carballeses saíron fortes en defensa e coas ideas moi claras en ataque, so a falta de puntería impedía que a diferenza ao descanso fora de tan so 3 goles a prol dos locais.
Na segunda metade o equipo saíu moi forte dende o arranque e cunha moi boa presión defensiva comezou a roubar balóns ben finalizados en accións de contragolpe. Isto permitiu que a vantaxe fora a máis co paso dos minutos e que o equipo xogase o resto do encontro sen a presión do resultado, o que sen dúbida sacou a mellor versión do Garaysa en ataque.