GRUPO LEMACO XIRIA: 37 – SAR DACUÑA Y PÉREZ “A”: 30

DIVISIÓN DE HONRA CADETE MASCULINO

Grupo Lemaco Xiria (17+20): Carlos (5), Gabriel (10), Alberto, Andrés (1), Borja (1), Pereira (7), Calvo (2), Souto, Xurxo (1), Juanca (9) e Daniel (1).

Sar Dacuña y Pérez “A” (15+15): Sergio, Daniel (3), Yeray (5), Lucas (1), Nicolás (3), Sergio (2), Noé, Lois, Iago (7), Pablo (3), Fernando, Alberto (3), Miguel (3) e Víctor.

Os cadetes do Xiria acadaron unha nova vitoria fronte aos redondeláns da SAR nun partido moi igualado durante a primeira metade que os locais romperon no segundo tempo. O encontro comezaba de cara para os visitantes que con máis acerto noslanzamentos colocaban un parcial de 2-4. O Xiria elaboraba ben en ataque, pero varios balóns ao pau no inicio favorecían a vantaxe do SAR que non perdoaba dende os extremos.
Sen embargo o Xiria pronto reaccionou, mellorou a actitude defensiva e comezou a anular os perigos do ataque redondelán; así cun parcial de (5-1) nos últimos minutos da primeira metade conseguía chegar ao descanso por riba no marcador (17-15).
No segundo tempo o Grupo Lemaco saíu moi concentrado e non deixou escapar a vantaxe que tanto lles custara acadar. Cunha 5-1 moi agresiva, con Juanca impedindo unha cómoda circulación de balón do SAR, o equipo pronto comezou a despegarse no marcador.
A defensa visitante tentouno de todo para frear o ataque do Xiria: mixta, doble mixta, pero o Grupo Lemaco resolvía con moita claridade todas estas situacións. Ao remate 37-30 nun encontro moi rápido e vistoso no que o Xiria amosou a súa mellor versión.