Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Goldie Xiria 14 – BM Carballal 11

Crónica do Goldie Xiria 14 – BM Carballal 11 Manuel Rey / 3 Febreiro 2014 GOLDIE XIRIA 14 – CARBALLAL 11 (8-7) GOLDIE XIRIA 14 (8): Sara (p), María 1,…

Crónica do Goldie Xiria 14 – BM Carballal 11
Manuel Rey / 3 Febreiro 2014
GOLDIE XIRIA 14 – CARBALLAL 11 (8-7)

GOLDIE XIRIA 14 (8): Sara (p), María 1, Lucía, Juana 6, Adriana 2, Cris 3, Jessica 2 (equipo inicial) Raquel , Tamara , Zeltia, Isa, Sandra, Manón e Natalia.

SD TEUCRO 11 (7): Nogueira (p), Comesaña 2, Castiñeira 2, Soliño 4, Vilaboa 2, Groba 1 e Correa (equipo inicial) López, Vilarroel, García e Durán.

Arbitraron: Borja Bermúdez e José Angel Fernández, excluiron a Raquel, María e Cris polo Xiria e a Comesaña, Castiñeira, Soliño e López polo Carballal

Marcador cada 5 minutos: /1-1/ /1-1/ /3-2/ /5-3/ /7-5/ /8-7/ /9-8/ /9-8/ /11-9/ /12-10/ /14-10/ /14-11/

17ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina
sábado, 1 Febreiro 2013 , Pavillón Vila de Noia, 120 persoas.

Victoria do Goldie Xiria ante un Carballal nun partido onde se impuxeron craramente as defensas e a portería sobre os ataques. Partido dominado no marcador en todo moemnto polo Goldie ainda que lle costou obter unha ventaxa suficiente como para decidilo antes do pitido final.

A defensa 5:1 local atragantouselle as xogadoras do Carballal que revasaban con dificultade a línea defensiva do Xiria e logo se atopaban cunha moi entonada sara na portería. tampouco tiñan o seu día diante da portería, as xogadoras do Goldie que perdoaban, pese a chegar con claridade, moito diante de Nogueira, porteir do Carballal.

A intensidade defensiva por ambos lados foi absoluta e por veces trabou moito o encontro que se decidiu máis polas gañas do Xiria que polo empeño de enmarrañar o xogo das visitantes do carballal.

Victoria, moi importante no aspecto anímico para un Goldie Xiria que nas próximas xornadas se enfrentará a equipos da zona baixa da táboa. Este próximo sábado viaxará a Ourense pra medirse frente ao Pabellón a partir das 8 da tarde.