Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

MAGOPE SEIS DO NADAL COIA 30 – CALVO XIRIA 36

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 21 05/03/2011 MAGOPE SEIS DO NADAL COIA 30 – CALVO XIRIA 36 Magope Seis do Nadal Coia 30 (11+19): Soliño [p], Ron (8), Antón (3),…

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 21

05/03/2011 MAGOPE SEIS DO NADAL COIA 30 – CALVO XIRIA 36
Magope Seis do Nadal Coia 30 (11+19): Soliño [p], Ron (8), Antón (3), César (3), Rivas (4), Denis (3), Fernández (3, 1 de 7 metros) -equipo inicial- Amoedo [p], Bao (1), Castro (1), Iglesias, López (1), Piñeiro (2), García (1)

Calvo Xiria 36 (16+20): Kike [p], Alex García (6), Dubra (3), Jesús (5), Pablo (9, 2 de 7 metros), Manuel (1), Borja (4) -equipo inicial- Naya[p], Ramón, Christopher, Fernando (1), Álex Zas (5), Ángel (2).

Colexiados: Carla DiZ Sierpes e Tatiana González Carvallo (Federación Territorial de Galicia). Excluíron aos locais Bao (35), César (35), Antón (56) e descalifaron ao adestrador J. Muñoz (11), tamén aos xogadores visitantes Alex García (37), e Borja (38 e 55).

Marcador: 2 – 2, 3 – 6, 4 – 8, 6 – 10, 7 – 14, 11 – 16 (descanso); 13 – 17, 16 – 22, 20 – 26, 24 – 30, 28 – 33, 30 – 36 (final).

7 metros: Magope Seis do Nadal Coia: 1 / 2 ### Calvo Xiria: 2 / 2
21ª xornada de liga na 1ª División Estatal. Embite no que o Calvo Xiria se xogaba moito, continuar nesa segunda praza e coas opcións intactas cara ao derradeiro tramo da liga, e no que o Seis do Nadal queimaba a súa última oportunidade para achegarse á loita polos postos de honra.
No Calvo Xiria era baixa Iago, por unha escordadura nun nocello, e David, con molestias físcas que finalmente tamén lle impediron acudir co equipo xuvenil ao torneo de León, mentres que o Sedona non podía contar co concurso de Escudero.

O Xiria comezou con Kike, Ramón, Álex, Borja, Manu, Jesús e Dubra, e con Pablo cambiando por Ramón en ataque. Os de Carballo saíron á pista de Coia moi entonados, con ganas de borrar o pesadelo do partido de Lavadores e pronto comezaron a encarrilar o choque. As decisións arbitrais non eran do agrado do técnico local, “Jota”, que xa aos 4 minutos recibía un cartón por protestar e no min. 8 era expulsado por mandar dunha patada o balón de xogo ao medio da pista.

Con unha boa defensa, con Ramón e Álex defendendo moi bien e afogando ao excelente pivote do Sedona, Luís Ron, e con todos os xogadores carballeses dándoo todo, conseguían parar á primeira liña do Seis do Nadal, que as poucas veces que cheegaba a lanzar ou as mandaba fóra ou se atopaba coa figura do meta Kike, que tiña que parar e fixoo nesta primeira parte.
En ataque Pablo dou unha clase maxistral. Cortaba contraataques, acababa el, facía maxia con Álex no pivote, acababa con un Jesús acertadísimo en ataque dende o extremo dereito, ou Manu, Borja, Dubra, Ángel, Zas con calidade… Boa primeira metade que fixo disfrutar aos seareiros carballeses, que non pararon de animar en todo o encontro. O Seis, bastante fallón en todo o partido, estaba un pouco desquiciado, agás algún bo detalle de Ron, con 2 tantos de espalda, chegánbase ao intermedio con 5 goles de renda a prol do Calvo, 11-16.

Na segunda metade moita menos defensa, 19-20 foi o parcial do segundo acto, e con diferenzas sempre arredor dos 5 tantos a prol dos de Carballo. Pero chegou un momento no que o Xiria se atascou en ataque e, por medio de varios contragolpes finalizados por Denís, os de Coia achegáronse ata os 3 goles. Pero o Xiria aguantou ben o tipo nos minutos finais e rematou por levarse o partido con 6 goles de renda, 30-36.

Só quedan 5 estacións para chegar ao final e o Calvo Xiria mantén a segunda posición, que lle daría dereito a xogar a Fase de Ascenso a División de Honra Prata. Pero ese segundo posto ten moitos aspirantes, ata 6 equipos separados por tan só 5 puntos e con moitos duelos directos nas 5 xornadas que faltan.

Na vindeira o Calvo volve a actuar como visitante enfrontándose ao Bm. Porriño de D. David Amor, partido que se disputa o sábado ás 18.00 h no Pavillón Mpal. da localidade graniteira.