Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 33 – TIRSO DE MOLINA M. DE POIO 22

Garaysa Xiria (18+15) 33: Miguel, Andrés (5), Diego (3), Iván (3), Ramón (12), Óscar (2), David (4) -equipo inicial – Néstor (1), Borja, Rodrigo (1), Puente (2), Alberto. Tirso de…

Garaysa Xiria (18+15) 33: Miguel, Andrés (5), Diego (3), Iván (3), Ramón (12), Óscar (2), David (4) -equipo inicial – Néstor (1), Borja, Rodrigo (1), Puente (2), Alberto.

Tirso de Molina M. De Poio (8+14) 22: David, Pablo (4), Edgar (2), Aneiros (2), Manuel (7), Adrián (5), Alejandro (2) -equipo inicial – Aitor, Alexis, Juan, David, Diego, Ángel.

A primeira volta do “Trofeo Delegación Territorial” rematou co Garaysa Xiria na primeira posición da táboa tras acadar unha nova vitoria, desta volta ante o Tirso de Molina. O partido rematou cun tanteo de 33 a 22 favorable aos carballeses que xa mandaban no descanso por 18 goles a 8.

O partido durou o tempo, dez minutos, que tardou o Garaysa en acadar un parcial de 10 goles a 3. A partir deste intre os dous equipos deixaron trascorrer os minutos ata chegar ao descanso cunha renda a prol do Xiria de dez goles, que facía innecesaria a segunda metade vendo o exposto na cancha por un e outro equipo.

A segunda metade foi un cúmulo de despropósitos por parte de todos os implicados, xogadores perdendo balóns moi doadamente e errando lanzamentos en situacións francas e árbitros castigando en exceso aos dous equipos con exclusións máis que discutibles para os dous cadros –dezaoito en total nun partido no que o contacto foi cando menos escaso- que desluciron totalmente os segundos trinta minutos.

En resume partido cómodo para o Garaysa que se amosou ,nesta ocasión, superior ao seu rival e no que foi unha mágoa non acadar unha victoria por maior diferencia xa que polo visto no Pavillón Vila de Noia debería de ter sido así.

A vindeira semana comeza a segunda volta deste torneo enfrontándose en Carballo o Garaysa Xiria e o Balonmán Oleiros.