Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 34 – CLUB CISNE DE BALONMÁN 17

Garaysa Xiria: 34 (15+19): Manuel, Arnejo (1), Carlos (5), Gabriel (4), Iván (6), Álex (2), Eiroa (2), Borja R. (7), Pereira, Juanca (5), Borja F. (2), Antonio. Club Cisne de…

Garaysa Xiria: 34 (15+19): Manuel, Arnejo (1), Carlos (5), Gabriel (4), Iván (6), Álex (2), Eiroa (2), Borja R. (7), Pereira, Juanca (5), Borja F. (2), Antonio.

Club Cisne de Balonmán.: 17 (9+8): Riobó (1), Pazos, Conde (4), Arias, Torres J. (2), Pacheco (2), Torres A. (1), Pontanilla, Reflojos, Preciados (1), Boo (6), Cuenca.

Traballada vitoria do Garaysa Xiria que foi de menos a máis durante o longo do encontro. Comezou con dúbidas en defensa, sen empregar a contundencia necesaria para frear os rápidos 1×1 dos rivais, que sendo máis ben de estatura baixa, eran moi hábiles e rápidos co balón. Pese a todo, a claridade ofensiva do Xiria colocábao xa con pequenas vantaxes a favor, de 3 e 4 goles, cun Borja moi resolutivo nos inicios das fixacións, onde moitas veces xa conseguía superar á primeira sen dar tempo a chegar a axuda. Rematou firmando un partido moi bo no que foi o máximo anotador con 7 dianas.

Sen embargo, foi no momento no que o equipo aumentou a intensidade e a dureza defensiva cando a vantaxe pasou a ser moito máis clara para o Garaysa, 6 goles ao descanso xa deixaban o partido encamiñado e a confianza do Xiria notábase no terreo de xogo.

No segundo tempo o Garaysa arrasou, foi un auténtico ciclón que non deu a mínima opción aos pontevedreses. Un espectacular Antonio baixo paus, resultou un pesadelo para a zaga do Cisne que anotou só 4 goles nos primeiros 18 minutos deste segunda metade. O Garaysa sentíase cómodo roubando balóns e correndo contraataques. Así pasaron os minutos ata o derradeiro 34-17 que lle da aos carballeses dous puntos cos que escalan unha posición na táboa, superando á S.A.R. de Redondela.

No seguinte encontro o Garaysa recibe ao último clasificado, o Bm. Pabellón de Ourense, pero non haberá relaxación xa que está moi presente o susto que levou o equipo no encontro da primeira volta, onde custou moito gañar e non se decidiu o partido ata o tramo final. O encontro dispútase o sábado, ás 12.00 h, no Mpal. Vila de Noia da capital bergantiñá.