VIPECÓN XIRIA 37 – PORTADEZA LALÍN 36

Vipecón Xiria: 37 (20+17): Zúpez, Javi (5), Martín (6), Edu (4), Rubén Gómez (5), Álex, Jorge(11) -equipo inicial- Julián (2), Óscar, Rubén Anes (3), Cristian , José, Calvete(1).

Portadeza Lalín: 36 (16+20): Dani, Alberto (2), Duarte (5), Miguel (3), Pedreira (10), Fabián (5), Lisarrague (11) -equipo inicial- Adrián, Manuel, Pinales, Enrique, Xoan, Santi, David.

Colexiados: Sergio Rodríguez e Fernando Eiras.

Partidazo entre os dous primeiros clasificados nunha igualadísima liga de División de Honra Cadete cunha gran afluencia de público para disfrutar deste encontro nas bancadas do Carballo Calero. Os dous equipos chegaban ao envite con unha soa derrota no seu casilleiro, líderes da liga os de Lalín e segundos na táboa a tan só un punto os de Carballo. Prevíase, neste contexto, un encontro atractivo e crucial na loita por acadar o campionato final a falta de sete xornadas para rematar o campionato

Os do Vipecón comenzaban o encontro como unha auténtica apisoadora e, nos primeiros compases, conquerían parciais escandalosos que chegaron a ser ata de 9-3. Os carballeses estaban a facer da súa defensa un muro inexpugnable, imposible de penetrar por parte dos do Deza, e coa axuda do meta Zúpez baixo os paos rozaban o dez nesta faceta. A partir da recuperación de balón, o equipo saía cunha velocidade endiablada cara ao contaataque e materializaba un gol tras outro ante a atenta mirada dos visitantes que non podían crer a diferenza que amosaba o electrónico, 19-10. Mediado este tempo, o Balonmán Lalín asentouse na pista do Carballo Calero e comezou a despregar o seu mellor xogo. Algunhas perdas de balón tanto no ataque posicional como na transición defensa–ataque dos de Carballo facían posible que ao remate dos primeiros trinta minutos o marcador se axustase con un parcial dos do Deza de 1-6 chegádose ao intermedio con un 20-16 a prol do Xiria.

Na segunda metade as cousas comezaban mal para os rapaces do Vipecón, o Lalín mostrabase superior na reanudación e conseguía un parcial de 0-2, incluso con un xogador menos na pista. Os locais pasaban polo seu peor momento no encontro e o marcador apretabase ata a mínima diferenza. A defensa foranea era cada vez máis intensa e os ataques dos bergantiñáns chocaban unha e outra vez contra ese muro infranqueable o co porteiro lalinés. Foi o Lalín o que se puxo por diante por un gol mediada esta segunda metade, pero entón voltou de novo aquela defensa tan intensa e contundente do Xiria para facer un parcial de 3-0 e adiantarse de novo no electrónico. Os últimos minutos foron de infarto, con dous equipos combatindo polos dous puntos ata o pitido final en vistas do moito que se xogaban. A defensa carballesa a actuación na portería de Zúpez daban dous puntos a este equipo que se coloca primeiro na taboa clasificatoria a falta de seis xornadas para rematar a liga e, polo tanto, nunha posición inmellorable para poder loitar polo campionato.

Aínda así e todo quedan dificilísimos escollos que superar de aquí ao remate da liga, pero podemos dicir que o Vipecón Xiria é un dos claros candidatos a coidar ese primeiro posto ata o remate da liga na División de Honra Cadete.

O próximo sábado o Vipecón visitará Vigo para medirse ás 10.30 h ao Seis do Nadal no Pavillón de Coia.