GARAYSA XIRIA: 40 – OAR CORUÑA: 12

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINO

Garaysa Xiria (19+21): Samuel, Mario, Pombo (2), Brais (2), Cristopher, Antón (10), Fran (7), Vila (6), Roi (5), Urbieta (3), Andy, Jose (1) e Ronaldo (4).

OAR Coruña (3+9): Pedro, Diego, Daniel (3), Alejandro, F. Manuel, Antonio (1), Raúl (1), Manuel D., Daniel, David, Juan (3), Santiago (2), Juan (1), Alejandro e Jose (1).

Avultada vitoria do Garaysa Xiria contra o OAR Coruña, nun encontro onde os carballeses impuxeron a súa superioridade dende o comezo do envite, colocando un parcial inicial de 10-1 que deixaba claro que non ían deixar escapar estes puntos. Pese á enorme diferenza entre ambos conxuntos os locais mantiveron unha gran intensidade defensiva durante todo o encontro, o que propiciou numerosos roubos de balón que eran ben culminados con rápidos contragolpes. De este xeito chegouse ao descanso cun 19-3.

O segundo tempo foi máis do mesmo, o Xiria traballaba con moita profundidade en tarefas defensivas, tentando roubar balóns para poder correr. Mentres, os xogadores do OAR, non perdían os nervios e continuaban facendo o seu xogo, acadando 9 goles nesta metade polos 3 da primeira.

Parabéns ao Garaysa pola goleada endosada aos seus veciños coruñeses e polo gran traballo defensivo realizado. Na vindeira xornada o equipo repite coma local, será o Domingo ás 10:00h no Pavillón Municipal Carballo Calero contra o S.D. Teucro ao que xa se vencera no partido de ida.